Salvaterra facilita a conciliación familiar e laboral cos campamentos de verán

Este pasado luns daba, en Salvaterra de Miño, a segunda quincena do Campamento de Verán, unha iniciativa enmarcada no programa de conciliación familiar que desenvolve o Concello que preside Marta Valcárcel. "Este Concello leva anos traballando en diferentes accións e programas de conciliación familiar e laboral, que se desenvolven durante todo o ano, se ben é verdade que é sobre todo na época estival onde se fai un esforzo máis salientable, xa que é a época mais difícil para a propia conciliación", explica a rexedora municipal.

Máis dun cento de nenas e nenas, no campamento urbano de verán de Tomiño

Un centenar de nenos e nenas acoden dende estas semanas ao campamento urbano organizado polo Concello de Tomiño, dentro das actividades de verán. Todas as mañás, de 9 h a 14 horas, debuxan, aprenden, fan manualidades, xogos cooperativos e un longo etcétera. Coordinados pola psicóloga Andrea Iglesias, dez monitores, acompañan aos pequenos e pequenas ao longo da mañá. Ademais dos temas propios dun campamento, trabállanse conceptos trnasversais coma cuestións de xénero, reciclaxe, coidado do medio, violencia, etc.

  • Publicado en Tomiño

Ponteareas abre a inscrición para o 'Campus Tea 2019'

A concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández vén de dar conta da apertura do prazo de preinscrición do Campus Tea 2019. Este campus, que manterá aberta dita preinscrición ata o xoves 6 de xuño, é unha alternativa que ofrece actividades lúdico didácticas para facilitar a conciliación familiar na tempada de verán. O campus destinado a rapaces e rapazas de 3 a 12 anos terá un horario de mañá de 09:00 horas a 14:00 horas no CEIP Nosa Sra. Dos Remedios.

A Guarda abre a inscrición para o Campamento Urbano 2019

O vindeiro luns día 3 de xuño abrirase o prazo para que, interesados e interesadas poidan formalizar a súa inscrición no Campamento Urbano 2019 na Guarda que terá lugar os meses de xullo, agosto e o período non lectivo de setembro, en horario de 9 h a 14 horas, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Baiona abre a inscrición para a 'Escola de Verán 2019'

O Concello de Baiona vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para solicitar praza na Escola de Verán 2019, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que se desenvolverá ao longo do mes de xullo, de luns a venres (agás o xoves 25 de xullo ) de 8:00 h a 15:00 h. no CPI Covaterreña e no CEP de Sabarís. Para unha maior facilidade de conciliación das familias, o Concello habilita a flexibilidade no horario tanto de entrada (de 8:00 h a 9:15 h) coma no de saída (de 13:45 h a 15:00 h).

  • Publicado en Baiona

Nigrán abre o prazo do campamento de conciliación de Semana Santa

Dende o luns está aberto en Nigrán o prazo de inscrición para o campamento de Semana Santa que se desenvolverá entre los días 15 y 19 de abril no pavillón de Panxón cun horario de 9:30 a 14:30 horas. A actividade está destinada a nenos e nenas de 4 a 12 anos, só para empadroados e terán prioridade as familias con dificultades para a conciliación laboral e familiar (familias monoparentais onde o pai ou nai traballen, familias numerosas, familias onde traballen os dous pais....)

  • Publicado en Nigrán

Oia acolle un campamento infantil de Semana Santa

Oia acollerá un campamento infantil os próximos días 15,16,17 e 22 de abril, pensado para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa. A actividade está organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar coa colaboración do Concello de Oia.

  • Publicado en Oia

Nigrán abre a inscrición para a ludoteca de Nadal

O Concello de Nigrán abre ata o 11 de decembro o prazo de inscrición na ludoteca de Nadal, que se desenvolverá no Auditorio Municipal do 26 de decembro ao 4 de xaneiro —agás fins de semana e festivos— de 9:00 h a 14:30 h horas cun custe total de 10 €. “A finalidade é proporcionar aos cativos actividades de carácter educativo e lúdico facilitando ao mesmo tempo a conciliación da vida laboral e familiar”, explica o alcalde, Juan González.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS