A loita europea contra a contaminación, comeza en Nigrán

Nigrán, pioneiro nunha chea de cousas, pasará a selo tamén, a nivel europeo, na loita contra a contaminación. O Concello que preside Juan González conta dende esta semana no río Muíños (ao seu paso por Porto do Molle) coa primeira biobarda contra a contaminación de Europa, fabricada pola Asociación do Monte Galego de xeito experimental e co obxectivo de recolectar os residuos flotantes, entre os que destacan os plásticos.

  • Publicado en Nigrán

Contaminación por Lindano no Porriño

O Lindano é un complexo químico organoclorado e altamente persistente que, segundo a Organización Mundial da Saúde, foi calificado coma un canceríxeno de tipo 1. Trátase dun produto que foi fabricado pola compañía Zeltia durante moitos anos para o seu uso coma praguicida, nunha planta situada no polígono de Torneiros, no concello do Porriño.

O PSdeG-Redondela denuncia a falta de limpeza nos ríos de Redondela

Moitos veciños e veciñas trasladaron as súas queixas ao PSdeG-Redondela por mor da falta de limpeza nos ríos de Redondela. Pese a existir unhas queixas xeralizadas ao Goberno Municipal do PP de Redondela, a veciñanza resalta varias zonas: a contorna do Río Pexegueiro ao seu paso pola zona de equipamentos deportivos e na Estrada Campo de Fútbol, ao igual que a zona do paseo Maceiras e o montículo de sedimentos máis maleza no Río Alvedosa detrás dos xulgados.

Esquerda Unida leva a Pleno o esclarecemento da vertedura de lindano

Esquerda Unida de Ponteareas rexistrou, o pasado martes, unha moción para debater no próximo Pleno municipal na que insta ao alcalde de Ponteareas, a esclarecer as circunstancias dunha vertedura de lindano na parroquia de Xinzo. O lindano é un composto químico de difícil degradación considerado pola “OMS” como “canceríxeno para o ser humano” e que dende 2008 está prohibido para todo tipo de usos na UE.

Adenco solicita información á Xunta e Concello sobre posibles áreas contaminadas por lindano

O Grupo Ecoloxista Adenco vén de enviar sendos escritos ao concello de Ponteareas e á Consellería de Medio Ambiente solicitando información sobre posibles aterramentos con terras contaminadas por lindano en parroquias de Ponteareas. A solicitude de ADENCO vén derivada de recentes novas na prensa onde se sinalaba esta posibilidade e de varias comunicacións persoais que se teñen recibido nas últimas semanas no Colectivo.

Concello e Consorcio de Augas do Louro controlan unha vertedura no polígono das Gándaras

Técnicos da Concellería de Medio Ambiente do Porriño e do Consorcio de Augas do Louro –un enxeñeiro técnico municipal, o enxeñeiro responsable da UTE Consorcio do Louro, e membros da asistencia técnica de IDOM, ademais do propio xerente do Consorcio–, desprazáronse o venres, á zona da parte traseira do edificio dos Bombeiros, no Polígono de As Gándaras, onde, dende unha empresa, se producirá unha vertedura de aceites e graxas.

Suscribirse a este canal RSS