Carmela Silva, "a provincia temos que construíla entre todas e todos"

Só tres semanas despois da toma de posesión o goberno reuniu ás alcaldesas e alcaldes dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes e presentou as grandes liñas que marcarán o mandato: transición ecolóxica, axenda urbana, máis dereitos, axenda dixital e innovación. “Este é o noso proxecto para seguir a transformar a provincia nestes catro anos e queremos que os concellos o compartan con nós e se corresponsabilicen”.

Tomiño e Cerveira comparten actividades de deporte e lecer

Os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, organizan un programa de actividades deportivas gratuítas conxuntas, dentro do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), que se desenvolverá en equipamentos municipais ata finais do ano 2019. Haberá sesións para maiores de 55 anos os martes e xoves ás 10 de mañá, e xogos de iniciación á natación para nenas e nenos de 3 a 12 anos acompañados de familiares, o primeiro sábado de cada mes (19 h, hora galega) na piscina de Vila Nova de Cerveira.

  • Publicado en Tomiño

Cerveira-Tomiño: 14 anos de Ponte da Amizade e catro anos de cooperación transfronteiriza exemplar

Un 11 de xuño de 2004, a inauguración da Ponte da Amizade, que une Tomiño e Vila Nova de Cerveira, marcou un antes e un despois no desenvolvemento transfronteirizo. A apertura da ponte suprimía os problemas de mobilidade entre as dúas beiras do Miño e facían posible un territorio común. Dez anos despois, ámbolos dous concellos asinaban a «Carta da Amizade» que profundizaba nos lazos sociais, culturais e deportivos co obxectivo de axudar a construir un futuro mellor para as vindeiras xeracións.

  • Publicado en Tomiño

Participantes nun seminario transfronteirizo coñecen en Tomiño a experiencia da cooperación con Cerveira

Corenta participantes dun seminario de políticas de desenvolvemento territorial, o Seminario CPS ESPON (Cross Border Public Services.1), organizado en Vigo pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, foron recibidos onte pola alcaldesa Sandra González, no Concello de Tomiño. A delegación, integrada por 30 representantes de Suramérica e de diferentes concellos, universidades e entidades galegas e portuguesas, acudiron interesados en coñecer a experiencia de cooperación transfronteiriza entre Tomiño e Cerveira.

  • Publicado en Tomiño

Cerveira e Tomiño, da man no desenvolvemento de proxectos de cooperación europeos

Tomiño e Vilanova de Cerveira deron hoxe un paso máis á hora de amosar a capacidade de dous municipios unidos, que non separados polo Miño, á hora de desenvolver proxectos estratéxicos que permitan a xestión compartida de servizos locais, a dinamización da economía local trasfronteiriza e a capacitación. Hoxe, baixo o lema Amizade Cerveira-Tomiño, presentaroun un proxecto europeo que busca fortalecer a cooperación entre ambos municipios en distintos ámbitos de traballo.

  • Publicado en Tomiño

Sandra González participa no IV Seminario Territorio e Cidades do Norte Atlántico Ibérico

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, participou onte no IV Seminario Territorio e Cidades do Norte Atlántico Ibérico celebrado en Viana do Castelo. O Seminario estaba organizado pola Câmara Municipal de Viana do Castelo e a Escola Superior Gallaecia e tiña como tema conductor o “desenvolvemento” como centro das políticas urbanas e territoriais en liña coas orientacións defenidads no programa “Portugal 2020”.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS