En Marea aproveitase da baixada de PP, PSOE e BNG

Covelo non é allea a tónica dominante en case que todos os concellos do sur de Pontevedra. PP, PSOE e BNG experimentan baixadas mentres que En Marea aparece con forza no panorama político local. Se ben os datos non son extrapolables a unha municipais, algunha que outra conclusión se pode sacar.

Uxío Benitez e o alcalde de Covelo, analizan a mellora das vias provinciais

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e a directora de área da institución provincial, Isabel Pardo de Vera, reuníronse hoxe co alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, para falar das necesidades das vías provinciais no municipio. Benítez asegurou que a Deputación estudará a viabilidade das tres actuacións que o concello de Covelo plantexa a maiores das accións xa solicitadas ao abeiro do Plan Móvese. Trátase de dúas actuacións na estrada que vai de Covelo á parroquia de Barcia de Mera (EP-5106); e unha actuación na estrada que vai de Maceira á Grana (EP-5105).

  • Publicado en Covelo

Segundo concerto do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera co cuarteto Schubert

O Cuarteto de Corda Schubert protagoniza o segundo concerto do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera que se desenvolve na Igrexa de San Martín de Covelo, este sábado 21 de maio ás 20:30 horas. Este cuarteto de corda está formado por Elena Escalza, Gabriel Bussi, Fumika Yamamura e Adrián Linares Reyes, músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia e interpretarán un programa con música exclusivamente de Schubert, Haydn e Mozart.

  • Publicado en Covelo

O BNG oponse á eliminación da praza do médico de familia en Covelo

O Bloque Nacionalista de Covelo, amosou hoxe o seu máis rotundo rexeitamento á eliminación da praza de medico de familia do municipio ao considerar, os nacionalistas, que a decisión do SERGAS está totalmente fora da realidade que vive a veciñanza do rural, en especial Covelo.

  • Publicado en Covelo

Covelo. O PP sube a costa do BNG

2015 2011
Total Votantes 1.613
64,83%  1.900
68,94%
Abstención  875 35,17%  856
31,06% 
Votos Nulos  25 1,55%  27
1,42% 
Votos Blancos  19 1,20%  27
1,44% 
  • Publicado en Covelo

Alex Osorno, candidato do BNG á alcaldía de Covelo

Alex Osorno, un rapaz novo e veciño de Covelo, será o candidato do BNG á alcaldía deste municipio da Paradantaa na vindeira cita electoral do 24 de maio. Osorno aceptou encabezar a candidatura "para permitir que Covelo poida ter un cambio real na política que ata o de agora gobernou o noso municipio", asegurou.

  • Publicado en Covelo
Suscribirse a este canal RSS