Intercambio de poesía visual entre Colombia e o colexio de Covelo

Despois de varios anos levando con gran éxito a poesía visual e obxectual aos alumnos do terceiro ciclo de educación primaria a través do Proxecto Caligrama 2000, o poeta, dramaturgo e educador vigués, David Fernández Rivera, deu un paso cara adiante no seu compromiso e dedicación para coa infancia desde a lírica, concretamente grazas ao Proxecto Atlántida, unha iniciativa de intercambio de poemas visuais a través da arte correo entre estudantes galegos e colombianos.

  • Publicado en Covelo

David Fernández Rivera regresa ás aulas de Covelo co seu obradoiro de poesía visual

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo gozaron, xunto ao poeta e educador David Fernández Rivera, do Proxecto Caligrama 2000, un obradoiro de poesía experimental creado polo artista e que xa visitou multitude de aulas, tanto a nivel nacional como internacional. A través desta iniciativa, organizada e impulsada polo Concello de Covelo, os pequenos percorreron xunto ao autor unha viaxe electrizante cara ás entrañas das manifestacións menos tradicionais da poesía, especialmente a visual e obxectual.

  • Publicado en Covelo

Rematada a senda peonil na PO-255 ao seu paso pola parroquia de Maceira

O delegado territorial de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, en compaña do alcalde de Covelo, Pablo Castillo, o remate das obras da senda peonil que se executou nas últimas semanas na PO-255 ao seu paso pola parroquia de Maceira, unha visita na que tamén estaba presente o xefe territorial de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díez.

  • Publicado en Covelo

Mondariz, Crecente, A Cañiza e Covelo, no plan «Reequilibrio» da Deputación

Catro concellos da comarca do Condado, Mondariz, A Cañiza, Crecente e Covelo, serán beneficiarios de proxectos singulares do «Plan de Reequilibrio Territorial» da Deputación de Pontevedra que presentaron esta mañá a presidenta Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera e nos que o Goberno provincial investirá 1.388.354,13 euros do importe total de 1.735.442,68 euros, cubrindo os concellos a parte restante do coste.

Investigado o dono dos cans que atacaron a unha muller en Covelo

O dono dos dous cans que atacaron a Dolores Álvarez, unha veciña de Covelo de 82 anos, está sendo investigado pola vía penal acusado dun delito de lesións por imprudencia grave. A muller, á que lle tiveron que amputar ámbalas dúas pernas por debaixo do xeonllo debido á gravidade das súas lesións, sigue en estado grave nun centro hospitalario de Vigo.

  • Publicado en Covelo

A Deputación cofirma a mellora de dúas estradas de Covelo

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, confirmou ao alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, que a Deputación realizará obras de mellora en dous puntos da estrada provincial que vai de Covelo á parroquia de Barcia de Mera (EP-5106) e na estrada que vai de Maceira a A Graña (EP-5105).

  • Publicado en Covelo

Comezan as obras da senda peonil Covelo-Maceira que mellora a seguridade viaria da zona

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte as obras da senda peonil que acaba de comezar a executarse na PO-255 ao seu paso polo concello de Covelo.O delegado territorial estivo acompañado do alcalde do municipio, Pablo Castillo, así como do xefe do Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez, e da empresa adxudicataria dos traballos.

  • Publicado en Covelo
Suscribirse a este canal RSS