O PP sube en Crecente e o PSOE mantense como segunda forza

O PP medrou de votos nun concello no que, habitualmente, gana de longo sexa cal sexa a cita electoral. O PSOE, pese a baixar en votos, mantense como segunda forza mentre que En Marea, supera amplamente ao BNG que, con 52 votos, queda co menos da metade dos que obtivera no 2012 e só 20 votos por enriba de C's

A Xunta mellora o abastecemento e saneamento no rural do Concello de Crecente

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co concello de Crecente na mellora do seu sistema de abastecemento e saneamento no rural, segundo se desprende do convenio asinado entre a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Julio C. García-Luengo. No acordo establécese que o Goberno galego achegará ata 2019 un total de 555.000 euros –cofinanciados por fondos FEADER- para executar estes traballos.

Un ferido grave ao envorcar o tractor que conducía en Crecente

Un home resultou ferido grave logo de que o vehículo agrícola que conducía -os coñecidos como 'chimpins'- se saíra da vía. Un equipo médico a bordo dun helicóptero con base en Ourense atendeu ao ferido que, posteriormente foi trasladado ata o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Bará pon o sector vinícola como exemplo "da potencialidade de Galiza para xerar riqueza"

O cabeza de lista do BNG-Nós para o Congreso pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, puxo hoxe o sector do viño como exemplo das potencialidade de Galiza para xerar riqueza e emprego. O nacionalista asegurou que este sector é un dos poucos que está en expansión no país, crecendo diariamente en exportación, polo que subliñou que debe contar cun apoio claro e explícito das administracións tendo en conta as súas peculiaridades.

  • Publicado en Arbo
Suscribirse a este canal RSS