A Xunta reforza o papel da Ruta da Lamprea como reclamo turístico de inverno

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do alcalde do concello pontevedrés de Crecente, Julio C. García-Luengo, visitou hoxe o resultado das obras de mellora e acondicionamento das pesqueiras deste municipio. Os traballos reforzan o papel da Ruta da Lamprea como un reclamo cada vez máis importante para impulsar o desenvolvemento turístico do interior de Galicia especialmente no inverno e primavera, coincidindo coa tempada de pesca deste peixe.

  • Publicado en Crecente

A Xunta colabora na redución da factura enerxética de Crecente

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte o concello de Crecente co obxectivo de analizar, xunto ao alcalde da localidade, Julio César García-Luengo, os proxectos executados a través do Fondo de Compensación Ambiental da Consellería de Presidencia que permitiron reducir a factura enerxética do municipio.

  • Publicado en Crecente

Mondariz, Crecente, A Cañiza e Covelo, no plan «Reequilibrio» da Deputación

Catro concellos da comarca do Condado, Mondariz, A Cañiza, Crecente e Covelo, serán beneficiarios de proxectos singulares do «Plan de Reequilibrio Territorial» da Deputación de Pontevedra que presentaron esta mañá a presidenta Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera e nos que o Goberno provincial investirá 1.388.354,13 euros do importe total de 1.735.442,68 euros, cubrindo os concellos a parte restante do coste.

As obras da Xunta na parroquia do Freixo, en Crecente, rematarán esta semana

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, supervisou as obras de contención e reparación da rede viaria ao seu paso pola parroquia de Freixo, que están executadas nun 90 %, prevéndose o seu remate para esta semana. Estas actuacións, cun investimento de case 100.000 euros, son froito da colaboración entre a Xunta e o Concello de Crecente.

  • Publicado en Crecente

A Xunta achega máis de 100.000 euros para obras na parroquia de Freixo

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, para a execución de muros, reparacións de noiros e canalizacións na parroquia do Freixo. A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas financiará estas actuacións coa achega dun investimento de máis de 106.000 euros.

Turismo de Galicia mellora a sinalización dos recursos turísticos de Crecente

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co alcalde de Crecente, Julio García-Luengo, visitaron hoxe o concello para comprobar o resultado da mellora da accesibilidade e sinalización dos seus recursos turísticos. Así, entre outros recursos achegáronse á Pesqueira Follagueira a cal, no marco do convenio asinado por Turismo de Galicia e o concello de Crecente, foi condicionada e rehabilitada. Nela levouse a cabo unha limpeza, unha retirada de materiais non acordes e unha recuperación total da pesqueira.

  • Publicado en Crecente

275.000 euros para paliar os efectos dos incendios forestais nas Neves, Arbo e Crecente

O Consello de Ministros autorizou, a proposta do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, as obras de emerxencia correspondentes á reparación dos danos provocados polos incendios de agosto de 2016 nas concas dos ríos Ribadil, Deva, Lamas e Termes, nos termos municipais de Crecente, Arbo e As Neves (Pontevedra), por un importe máximo de 275.000 euros.

  • Publicado en As Neves
Suscribirse a este canal RSS