Medio centenar de persoas benefícianse dos cursos organizados polo Concello de Tomiño

Máis de 50 persoas aproveitaron os cursos de preparación dos exames de ESO, ciclos medios, superiores e de competencias clave, organizados polo Concello de Tomiño, co fin de achegar formación a aquelas persoas que interromperon os seus estudos secundarios ou primarios por diferentes causas. Repartidas case por igual con respecto ao xénero, o 60% das persoas que se apuntaron a clases o curso pasado, tiñan entre 25 e 45 anos; habendo un 20% de menores de 25 e outro tanto de maiores de 45.

  • Publicado en Tomiño

Gemma Marqués presentou o proxecto «Anónimas» no Mercado Municipal de Tomiño

O Mercado Municipal de Tomiño acolleu a presentación do proxecto «Anónimas» da artista guardesa Genma Marqués e que da nome á exposición que, ata o vindeiro 11 de marzo, está aberta ao público no Mercado tomiñés. A iniciativa, enmarcada dentro da Axenda de Primavera do Concello de Tomiño, busca visibilizar e pór en valor o papel das mulleres 'correntes' que traballan de forma anónima por un mundo máis igualitario.

  • Publicado en Tomiño

«Medrando en Familia», a aposta de Tomiño para previr a marxinación social

 O Concello de Tomiño pon en marcha o vindeiro venres, 9 de novembro, o programa socio-educativo «Medrando en Familia», co obxectivo de influír no benestar dos máis cativos, a través dun proxecto de intervención socio-comunitario, centrado prioritariamente nas familias con menores de 6 anos. Os dous primeiros obradoiros, “Medrando e xogando” e “ Xogando e explorando”, comezan o vindeiro venres, 9 de novembro na Escola Infantil do Seixo; de 16.30 a 18.00 horas o primeiro, e de 18.30 a 19.30 horas o segundo.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño ampliará o servizo de Axuda no Fogar formando auxiliares socio-sanitarios

O Concello de Tomiño, en colaboración coa empresa Idades S.L. desenvolverá un curso teórico-práctico de auxiliar socio-sanitario, comprometéndose a empresa a contratar, polo menos, ao 40% dos e das participantes na acción formativa. Tomiño conta, na actualidade, con 34 auxiliares de axuda no fogar que atenden unha media de 100 persoas maiores, dependentes ou enfermas, distribuídas por todo o termo municipal.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño organiza obradoiros onde aprender estratexias para afrontar a crianza dun xeito positivo

A Concellería de Servizos Sociais, a través do Departamento de Educación Familiar, organiza o programa «Benestar en Familia», entre os días 4 de abril e 9 de maio. A actividade consiste nunha serie de encontros (charlas) e obradoiros dirixidos a familias con nenos e nenas de até 6 anos, que desexen aprender estratexias e pautas para afrontar a crianza dun xeito positivo.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS