Os libros, en Ponteareas, saen ás rúas

A concellería de Cultura e Lingua do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de instalar catro puntos de lectura ou catro 'casiñas' con libros viaxeiros, en outros tantos puntos da vila e que permitirán, segundo o Concello ponteareán, "encher de creatividade os momentos de lecer". É un xeito de que a Biblioteca Municipal, saia do seu entorno habitual e, literalmente, saia ás rúas.

A Biblioteca de Chapela ofrece un contacontos para os máis cativos

A Biblioteca 'Xela Arias' de Chapela acolle, o luns 29 de xullo ás 11:30 horas un contacontos dirixido ás e aos máis cativos da casa. De feito, as Bibliotecas Municipais de Redondela cualifican a esta actividade como un 'bebecontos' que ten a finalidade de esperar, entre os máis pequerrechos, o gusto pola palabra e polos libros. 

«Noites no Castelo» é a cita obrigada para esta fin de semana na Guarda

Esta fin de semana A Guarda contará na súa programación cunha das citas musicais de maior importancia, o evento «Noites no Castelo», que terá lugar este sábado e numerosas actividades deportivas como a III Mostra CD Baixo Miño, La Guardia en Danza o Torneo 3x3 Vila da Guarda de Baloncesto ou o Torneo de Fútbol 7. É, polo tanto, unha extraordinaria ocasión para achegarse á Guarda, gozar das súas praias e a súa gastronomía e rematar, no Castelo de Santa Cruz, coas «Noites no Castelo». 

O Rosal e Caminha inician contactos para colaborar en programas lúdicos, culturais e deportivos

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, acompañada pola concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, mantiveron no día de hoxe unha reunión en Caminha co presidente da Câmara Municipal Miguel Alves, de cara a comezar "a tender pontes" entre ámbolos dous municipios de cara a conseguir traballar, de xeito colaborativo, no ámbito da programación lúdica, cultural e deportiva. 

  • Publicado en O Rosal

Nigrán pecha o venres 19 os concertos de cello do 'Curso de Verán SonCello'

O Concello de Nigrán ofreceu dende o luns 15 de xullo ata este venres 19 de xullo tres concertos de violoncellistas que asisten no CEE de Panxón ao curso de verán da Asociación de Violoncellistas de Galicia 'Soncello'. Este curso inclúe a celebración destes concertos, levados a cabo por músicos convidados, profesores e o propio alumnado, e serán de entrada gratuíta.

  • Publicado en Nigrán

A Guarda acolle este sábado a II edición de «La Guardia en Danza»

O vindeiro sábado día 20 de xullo o Auditorio de San Bieito da Guarda acolle a segunda edición de «La Guardia en Danza», un evento organizado polo Centro DO-MAJÓ en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda. Este evento, con entrada de balde arranca ás 20:30 h contando con varias exhibicións de Danza Moderna, Hip-Hop, salsa, entre outros.

Conta atrás para 'Danzar entre Culturas' de Algazara de Celeiros

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba e o grupo Algazara de Celeiros presentarou unha nova edición de 'Algazara Danzando entre Culturas' que terá lugar este domingo día 21 a partir das 22:00 h no parque da Feira Vella co patrocinio do Concello Ponteareán, nesta edición como xa adiantaba Comarcas na Rede no seu momento, participarán grupos de países como EE.UU., Guinea Bissau, Martinica ou Galiza.

Suscribirse a este canal RSS