Redondela entra no mundo do libro electrónico

O secretario xeral de Cultura, anxo Lorenzo, e o alcalde de Redondela, Javier Bás, acomañados polo concelleiro de Cultura do Concello redondelán, Julio Alonso, presentaron en Redondela esta nova ferramenta, dispoñible en www.galiciale.es, que supón “un camiño novo na accesibilidade universal da cidadanía aos recursos culturais”.

Barciademera, onde a música relixiosa ten nome propio

A igrexa barroca de San Martiño de Barciademera, no Covelo, acollerá un ano máis o seu ciclo de música relixiosa converténdose, dese xeito, no lugar de encontro das máis recoñecidos artistas e agrupacións neste tipo de música e a cita obrigada para todos os amantes da boa música. Dende hai anos, falar de Música Relixiosa é falar de Barciademera.

  • Publicado en Covelo

Os Bolechas van a Mos polo Camiño de Santiago

Os Bolechas presentarán o seu libro Os Bolechas van a Mos o vindeiro domingo, 19 de abril, ás 18.00 horas na Carballeira de Santiaguiño, parroquia de Guizán; e en caso de mal tempo a presentación trasladaríase ó Multiusos das Pozas (Petelos). Os Bolechas naceron da man do ilustrador Pepe Carreiro e convertíronse nun fenómeno de masas. Son seis irmáns máis un can que viviron toda clase de aventuras por Galicia e que nesta ocasión van visitar Mos con motivo da celebración do Día do Libro que se conmemora o 23 de abril.

  • Publicado en Mos

"Voadora" achega este sábado a súa comedia musical "Waltz"

A programación deseñada pola Concellaría de Cultura para este trimestre inclúe unha comedia musical da compañía santiaguesa Voadora que dará comezo no multiusos da Xunqueira o sábado 11 de abril ás 21:00 horas. WALTZ é a súa produción máis laureada até o momento, coa que levan máis de 40 representacións por toda a península, e que están a levar agora por diferentes escenarios do país nunha xira final. WALTZ é un conto que fala de amor e desamor, de namoramentos e rupturas, da vida compartida e da lembranza de amores perdidos. As entradas pódense xa, a un prezo de 5 €, no multiúsos da Xunqueira.

Cea-concerto con Pédêpötè

A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado organiza, este sábado, unha cea-concerto co grupo Pédèpöte co obectivo de recadar fondos para a organización do vindeiro Festival da Poesía. A Cea-Concerto terá lugar na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño a partir das 21:30 horas do sábado 11 de abril.

XIII edición do Certame Literario Conde de Gondomar

A Concellaría de Educación do concello de Gondomar, dirixida por Paula Bouzós, convoca o Certame Literario Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar. Nesta XIII edición, establécense dúas modalidades: Poesía (mínimo de 14 versos, máximo 50) e Relato Curto (máximo 15 folios DIN A4). Poderán concorrer todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos.

Clausura do ciclo "Pórtico Sonoro"

A igrexa de Santa María de Reboreda acolleu o sábado 28 de marzo o último dos concertos do ciclo de música Pórtico Sonoro que, desta volta, correu a cargo do Coro de Cámara Rías Baixas e Orquestra, que interpretaron o Réquiem en Do menor de Luigi Cherubini (1760-1842). Esta composición foi estreada en 1817 na conmemoración da execución de Luis XVI.

Clausura da exposición "Arte con Cerveza"

O alcalde do Porriño, Nelson Santos e a concelleira de Igualdade, Teresa Veloso, acompañaron onte a Virginia Vilar na clausura da súa exposición no Centro Cultural Municipal. No acto de clausura, fíxose entrega á AECC do Porriño do diñeiro recadado no sorteo da obra que a artista tiña doado como contribución á loita contra o cancro de mama, un sorteo no que o azar fixo que resultase gañador o alcalde, Nelson Santos que, a súa vez, doou o cadro novamente á asociación para que o poxe no vindeiro rastriño solidario.

Suscribirse a este canal RSS