A Deputación aposta por "recuperar a seguridade viaria, mobilidade peonil e espazos públicos"

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe diversas melloras en estradas de cinco concellos da provincia, cun orzamento que suma máis de 2 millóns de euros, destinadas, como subliñou Carmela Silva, a consolidar o modelo de estradas que ten en marcha a institución para “recuperar a seguridade viaria, a mobilidade peonil e os espazos públicos para a xente”.

Areeiro recomenda prestar atención ao oídio ante o dano das infeccións mal controladas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar un novo aviso fitosanitario no que asegura que neste momento da campaña da viña o oídio é o patóxeno no que se deben centrar as observacións, xa que as infeccións mal controladas poden causar graves danos directos e tamén indirectos, ao incidir sobre a podre.

A Deputación achega a Gondomar a «SonDeSeu» no Musigal 2019

O concello de Gondomar acollerá este próximo sábado a actuación de «SonDeSeu» ao abeiro de «Musigal 2019», o programa da Deputación de Pontevedra vinculado á área de Cultura. «SonDeSeu» é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Carmela Silva, "a provincia temos que construíla entre todas e todos"

Só tres semanas despois da toma de posesión o goberno reuniu ás alcaldesas e alcaldes dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes e presentou as grandes liñas que marcarán o mandato: transición ecolóxica, axenda urbana, máis dereitos, axenda dixital e innovación. “Este é o noso proxecto para seguir a transformar a provincia nestes catro anos e queremos que os concellos o compartan con nós e se corresponsabilicen”.

A Guarda contratará a catro persoas desempregadas dentro do programa «O teu primeiro emprego»

O Concello da Guarda o abeiro do programa de fomento da empregabilidade «O teu primeiro emprego» da Deputación de Pontevedra, ten concedida unha axuda para a contratación de 4 persoas en situación de desemprego. As e os solicitantes deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emmprego ou co cartón de mellora de emprego co código CNO da titulación e ter ámbito de busca de emprego provincial ou Baixo Miño.

Carmela Silva e Asociación de Mulleres no Sector Público apostan pola formación en igualdade

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo un encontro de traballo con mulleres directivas da Asociación de Mulleres no Sector Público en aras de impulsar liñas de colaboración e proxectos conxuntos. En concreto, ambas organizacións acordaron lanzar actuacións para visibilizar ás mulleres no sector público e apostar pola formación en materia de igualdade.

Suscribirse a este canal RSS