Play Doc converte a Tui en referente internacional no mundo audiovisual

Tui acollerá do mércores 3 ao domingo 7 de abril o XV Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc. Está mañá tivo lugar a presentación oficial do festival a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Jacobo Sutil, director de Agadic, Axencia Galega de Industriais Culturais da Xunta de Galicia, Ángel Sánchez, codirector do festival, e Beli Martínez, responsable da programación de cinema galego de Play Doc.

  • Publicado en Tui

Tui, capital do cine documental

Dende este mércores, en que abrirá as súas portas a decimo terceira edición de Play-Doc, Tui converterase novamente na capital do Estado no que ao cine documental fai referencia. Trinta proxeccións e unhas interesantes actividades paralelas, converten ao Play-Doc nunha cita ineludible para os amantes dos documentais e para os profesionais do xénero en Europa.

  • Publicado en Tui

O documental “Frankenstein-04155” proxéctase esta fin de semana en Ponteareas

O Auditorio Reveriano Soutullo acollerá, a partir das 20:30 horas do vindeiro sábado 16 de abril, a proxección do documental Frankenstein-04155, dirixido por Aitor Rei, quen estará presente no propio Auditorio. A obra, Mención Especial do Xurado na SEMINCI de Valladolid, trata de esclarecer o que realmente aconteceu no coñecido accidente ferroviario de Angrois, ocorrido o pasado ano 2013

Mañá arranca Play-Doc 2016

A undécima edición de Play-Doc Festival Internacional de Documentais dá comezo mañá na cidade de Tui coa proxección de The Blues According to Lightin' Hopkins, un dos máis celebrados filmes musicais de Les Blank, o grande trobador do cinema de non ficción. Retrato do magnífico bluesman do título, a obra destila a paixón polas raíces sonoras do folque americano que caracterizan a obra de Blank.

  • Publicado en Tui

Play-Doc e Sinsal Son, a combinación perfecta

O Festival Internacional de Documentais Play-Doc, que se desenvolve na cidade de Tui, sempre se caracterizou por conceder un lugar especial á música, con proxeccións de documentais sobre bandas que ademais tocan en directo. Nesta edición, levará ao escenario as formacións Da Chick e Youthless da man do Festival Sinsal Son Estrella Galicia; un evento irmandado con Play-Doc no seu espírito de dar a descubrir talento creativo nun ambiente relaxado e de proximidade co público.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS