Edición 2019-2020 de "DepoEmprende na Escola", "DepoEmprende na ESO" e "DepoEmprende na FP"

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este luns as bases da edición 2019-2020 dos programas “DepoEmprende na Escola”, “DepoEmprende na ESO” e “DepoEmprende na FP”. Así, a institución provincial realiza unha convocatoria aos centros educativos públicos da provincia de Pontevedra (educación especial, educación primaria, educación secundaria e formación profesional) para participar nas modalidades dos diferentes proxectos de fomento da cultura emprendedora no ámbito escolar.

A Guarda inicia a terceira edición de «Manual de instrucións para educar»

O vindeiro martes día 30 de outubro de 2018 a Casa dos Alonsos da Guarda acolle a primeira sesión da terceira edición de «Manual de instrucións para educar», unhas charlas informativas organizadas dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil e Educación Familiar. En total serán 4 charlas, a primeira delas o martes 30 de outubro sobre Educar con criterio.

  • Publicado en A Guarda

A Semana das Ciencias obtén un recoñecemento pola súa “excelencia”

A Semana das Ciencias organizada pola Concellería de Ensino do concello de Ponteareas recibe o recoñecemento da HSCI (Hands of Science) pola súa labor de excelencia. A organización internacional Hands of Science promove a difusión de todos os aspectos da ciencia destacando o importante traballo realizado dende Ponteareas por achegar á cienca á cidadanía.

A Xunta oferta 19 cursos de formación para desempregados na comarca do Condado-A Paradanta

A Xunta de Galicia ofertará nas próximas semanas 19 cursos de formación para persoas desempregadas na comarca do Condado-A Paradanta de cara a incrementar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral. Así o explicou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, quen destacou que se trata dunha oferta de cursos da Consellería de Economía, Emprego e Industria para traballadores e traballadoras sen emprego.

O alcalde de Nigrán recibe aos alumnos do Humberto Juanes nunha visita didáctica

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu hoxe a alumnado de terceiro de primaria do CEIP Humberto Juanes de Nigrán nunha visita didáctica ao Concello que se repetirá mañá con outro grupo. Os rapaces foron guiados polas distintas dependencias municipais, onde se lles explicou o traballo que se desenvolve en cada unha, prestando especial atención ao Salón de Plenos, onde entre eles mesmos representaron unha sesión. Finalmente, na Alcaldía foron recibidos polo rexedor, a quen lle transmitiron as súas inquedanzas e propostas para o municipio.

  • Publicado en Nigrán

Xornadas de Portas Abertas cos centros educativos nas novas instalacións do Concello da Guarda

Dende o martes 9 de outubro alumnos dos diferentes centros educativos da vila participan nas Xornadas de Portas Abertas para coñecer o funcionamento e as novas instalacións do Concello da Guarda na Casa dos Alonsos.

Os alumnos que participan nestas Xornadas coñecen como é o funcionamento dos diferentes departamentos do Concello da Guarda, atendendo as explicacións do funcionariado e facendo aquelas preguntas que lles parecen de interese sobre o día a día neste espazo municipal.

Entre as accións destas visitas os alumnos visitan o Salón de Plenos, as instalacións da Policía Local, ademais de ser recibidos polo Alcalde da vila, Antonio Lomba, quen recibe as inquedanzas dos máis pequenos da vila e atende ás súas dúbidas.

  • Publicado en A Guarda

Salvaterra aproba as bases dos «XIII Premios de Educación»

O Concello de Salvaterra de Miño vén de aprobar as bases polas que se rexerá a decimoterceira convocatoria dos «Premios de Educación» cos que, todos os anos, búscase valorar a excelencia académica. Segundo a tenente de alcalde e concelleira de Educación, Marta Valcárcel, os premios naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre a mocidade.

Suscribirse a este canal RSS