Concello e AEMOS formalizan a concesión demanial do viveiro de empresas da Veigadaña

A alcaldesa en funcións de Mos, Nidia Arévalo; a Secretaria Municipal e o presidente da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), Manuel Castro, asinaron na mañá de hoxe no salón de sesións do Concello o documento de formalización de concesión demanial do edificio municipal para viveiro de empresas construído no Polígono Industrial da Veigadaña.

  • Publicado en Mos

Ponteareas organiza cursos intensivos para potenciar o tecido comercial, empresarial e hostaleiro

A concellería de Comercio, Hostalaría e Consumo, que dirixe Inés Vidal, vén de poñer en coñecemento de todos e todas as comerciantes, hostaleiros, empresarios e emprendedores de Ponteareas que se abre o prazo de inscrición para os cursos de formación que se ofrecerán totalmente de balde ao longo do mes de abril e maio. Baixo o nome 'Caixa de Ferramentas', impartiránse cursos prácticos e necesarios para o desempeño do traballo diario dirixidos a empresas, profesionais e autónomos que permitan profesionalizar estes sectores.

Medio Ambiente tramita un proxecto que prevé crear 42 empregos en Mos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a tramitar un proxecto singular promovido pola Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) no parque da Veigadaña (Mos) e que suporía un investimento directo duns oito millóns de euros por parte das empresas implicadas, que gardan relación, fundamentalmente, co sector do automóbil. Así o avanzou durante unha visita á sede de AEMOS para coñecer os detalles da iniciativa a conselleira Ángeles Vázquez, quen subliñou a importancia e o impacto positivo que terá un proxecto destas dimensións para o Concello de Mos.

  • Publicado en Mos

Avance para a construción de novas naves en Porto do Molle

Coa firma de onte do contrato co arquitecto Pablo Menéndez, en tres meses a Zona Franca dispoñerá de proxecto definitivo para a construción de novas naves de pequeno e mediano tamaño coas que dar resposta á crecente demanda das pemes para instalarse no parque empresarial Porto do Molle no Concello de Nigrán. Como explicou David Regades, a finais de maio convocarase o concurso dunha obra para os que os orzamentos da entidade reservaron 2.784.554 euros e coa que se dará maiores facilidades de instalación ás empresas que non poidan acometer un gran investimento para o inicio da súa actividade.

  • Publicado en Nigrán

Xornadas formativas en novas tecnoloxías para empresarios e comerciantes de Baiona

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, acompañado polo presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, (Aceba), Marcos Comesaña, e por Roberto Valverde, xerente de mybusiness up, presentaron esta mañá no salón de plenos do Concello de Baiona as «Xornadas Formativas en Novas Tecnoloxías para empresarios e comerciantes» coas que se busca adecuar ao comercio é as empresa da Real Vila a un mercado inmerso na denominada Revolución Dixital.

  • Publicado en Baiona

Empresarios de Redondela e Xunta organizan unha xornada sobre as axudas ás pemes

O Pazo de Vilavella, en Redondela, acollerá o vindeiro martes, 24 de abril, unha xornada informativa sobre as axudas e servizos para as Pemes organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela e a Xunta de Galicia, iniciativa na que se contará coa participación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, amais de distintos cargos da Xunta de Galicia e alcaldes da comarca.

A Asociación de Empresarios de Redondela asina un convenio co Sabadell

A Asociación de Empresarios de Redondela que agrupa a máis de 300 empresas na comarca redondelana, asinou un convenio de colaboración con SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell). En virtude deste acordo, SabadellGallego pon a disposición dos asociados un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal.

O programa «SmartPeme» aumenta os asesoramentos e presoas formadas en preto do 50%

A rede «SmartPeme», programa da Deputación de Pontevedra que oferta ás persoas emprendedoras e autónomas da provincia unha serie de servizos personalizados encamiñados ao desenvolvemento económico do tecido empresarial a través das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), aumentou este último ano en preto dun 50% tanto as persoas que se formaron a través dos seus obradoiros e accións formativas, por unha banda, como o número de empresas e persoas ás que se lles realizaron asesoramentos, pola outra.

Suscribirse a este canal RSS