O Pleno de Salvaterra solicita o Grao en Enoloxía para a Universidade de Vigo

O Pleno do Concello de Salvaterra aprobou, por unanimidade, unha proposta do goberno que dirixe Marta Valcárcel, pola que se solicitará á Xunta de Galicia que realice os trámites precisos ante o Consello Galego de Universidades e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, para a implantación do grado en Enoloxía na Universidade de Vigo, unha iniciativa que está avaliada polo gran peso que ten a DO Rías Baixas e a subzona do Condado do Tea.

Medio cento de persoas, na Ruta do Viño Rías Baixas nas Neves

A Ruta do Viño Rías Baixas, incluída no Club de Produto das Rutas do Viño de España, completou onte unha xornada de sendeirismo «Camiñando entre Viñedos» nas Neves, cita á que acudiron un total de 50 persoas chegadas de distintos puntos da provincia. O percorrido comezou na adega asociada Señorío de Rubiós, onde os asistentes percorreron as instalacións á vez que se lles explicaba o traballo desenvolvido nesta empresa.

Música e viño danse a man nunha completa fin de semana en Guláns

Guláns ten todo disposto para vivir unha fin de semana da man de dous elementos que son sinais de identidade desta parroquia de Ponteareas: a música e o viño. A Asociación Artístico Cultural de Guláns, desenvolverá o sábado 19 e o domingo 20 de maio, eventos musicais e gastronómicos que terán como escenario o incomparable marco do parque Avisoureira.

Cincuenta persoas participaron na Ruta do Viño Rías Baixas nas Neves

Cincuenta persoas participaron onte na xornada de sendeirismo organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas, incluída dentro do Club de Produto das Rutas do Viño de España, no concello das Neves. A actividade incluíuse dentro do amplo programa de actividades programadas polo Concello dentro da XII Festa do Tinto Rías Baixas celebrada neste municipio.

As baixadas das temperaturas diminúen o risco de mildeu nas viñas, segundo Areeiro

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de indicar no seu último aviso fitopatolóxico que o risco de infección da viña por Mildeu vaise reducir grazas á baixada das temperaturas. Os técnicos subliñan, así mesmo, que é preciso aplicar tratamentos só onde son estritamento necesarios, xa que se corre o risco de eliminar insectos e ácaros moi útiles para o desenvolvemento das vides.

Éxito da primeira xornada do Curso de Cata de Vitiagro Condado

Vinte e sete persoas participaron este pasado venres, no Auditorio das Neves, na primeira xornada do Curso de Cata de Viños e Introdución ao Análise Sensoríal, impartido polo enólogo e especialista sensorial, Lolo Yebra, actividade que terá continuidade na fin de semana do 31 de marzo e 1 de abril. Os interesados e interesadas en participar nestas vindeiras xornadas, aínda teñen a oportunidade de facelo ao quedar algunha praza baleira.

Suscribirse a este canal RSS