Digna Rivas traslada á Xunta as demandas de Redondela en materia de Ensino

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, recibiu na Casa do Concello ao xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, César Pérez Ares, de cara a tratar temas de interese para ámbalas dúas administracións. En concreto, César Perez Ares interesouse polo situación dos permisos municipais que permitan á Consellería de Educación ampliar a instalacións do IES Pedro Floriani e dotalo dun novo módulo.

Marta Valcárcel presenta o proxecto de ampliación da Escola Infantil de Salvaterra

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de reunirse co xerente do Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, para presentarlle o proxecto de máis de 200.000 € para a ampliación da Escola Infantil de Salvaterra. Un proxecto que contempla  unha ampliación de dúas unidades, creando así ata 35 prazas máis.

O alumnado de Ponteareas estuda o percorrido do seu futuro camiño escolar

Acompañados dos técnicos da coooperativa de arquitectos e arquitectas, da Policía Local, protección civil e da concelleira de Ensino en funcións, Cristina Fernández, ademais de outros membros do goberno en funcións, o alumnado do CEIP Mestre Ramiro Sabell saíu onte de andaina para estudar sobre o terreo o percorrido do camiño escolar seguro polo que ir á escola a pé ou en bicicleta gozando do contorna en compaña ou en solitario.

A Anpa do CIP de Mondariz, farta da baixa calidade da comida do comedor

Non é a primeira vez que a Anpa 'Río Tea' do CIP de Mondariz, chama a atención sobre a baixa calidade da comida "que a Xunta de Galicia envía ao comedor escolar". Por desgraza, como acontece a meirande parte das veces, a administración fai ouvidos xordos a unha demandas máis que xustas e máis que xustificadas. Así que hoxe, a Anpa deciciu organizar unha especie de "ata aquí chegamos" e decidiron non enviar aos alumnos e alumnas ao comedor.

Tres colexios tomiñeses participan na 'Bienal dos Pequeninos' de Vila Nova de Cerveira

Tres centros de Primaria e Infantil de Tomiño acoden á novena edición de Educarte 2019, mostra de arte infantil e xuvenil incluída este ano na senda da Eurocidade Tomiño-Cerveira. Os colexios de Sobrada, Goián e Tomiño (Pedro Caselles) asisten cos seus traballos, á exposición coñecida na zona coma a 'Bienal dos Pequeninos', e inaugurada esta mañá coa presenza de autoridades de ambos os municipios fronteirizos.

  • Publicado en Tomiño

Ponteareas abre a inscrición para o 'Campus Tea 2019'

A concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández vén de dar conta da apertura do prazo de preinscrición do Campus Tea 2019. Este campus, que manterá aberta dita preinscrición ata o xoves 6 de xuño, é unha alternativa que ofrece actividades lúdico didácticas para facilitar a conciliación familiar na tempada de verán. O campus destinado a rapaces e rapazas de 3 a 12 anos terá un horario de mañá de 09:00 horas a 14:00 horas no CEIP Nosa Sra. Dos Remedios.

A Xunta 'riza o rizo' no problema da Escola de San Mateo

"Pouco serio e incomprensíbel" foron os cualificativos utilizados pola concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, para definir a postura da Xunta de Galicia que, unha vez máis "cambia os seus criterios para xustificar o peche da Unitaria de San Mateo de Oliveira" un peche ao que o concello ponteareán "opónse frontalmente". O pasado ano, a Xunta pechou o centro porque non se chegaba ao mínimo de 6 matrículas. Para o curso que ven, con 8 matrículas xa confirmadas, a administración cambia o seu criterio e mantén a decisión de peche.

Suscribirse a este canal RSS