A Deputación pon a disposición dos concellos «D'Pedra», exposición da escola de cantería

A Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia unha nova exposición do traballo en pedra da Escola de Cantería. Trátase da mostra «D’Pedra», composta por unha vintena de pezas de diversa temática elaboradas polas alumnas e alumnos da Escola. Son pezas exteriores de granito que na súa meirande parte representan oficios, animais, sentimentos ou escenas da vida cotiá.

A Escola de Cantería, na II Feira das ensinanzas profesionais e artísticas de Ponteareas

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra está a ser unha das protagonistas da segunda edición da Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas, que remata hoxe na vila do Condado. Ao longo destes dous días, no complexo deportivo Álvaro Pino, a veciñanza e mocidade de Ponteareas e da comarca vén de coñecer a oferta formativa deste centro da institución provincial.

O Centro Penitenciario da Lama acolle un obradoiro da Escola de Cantería

13 internos e 2 internas do Centro Penitenciario da Lama comezaron onte luns un novo taller formativo da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. A Presidenta Carmela Silva asistiu á inauguración da acción, que baixo o título de ‘Elaboración de obras en pedra natural’ terá lugar tres días á semana ao longo de seis meses (ata o 4 de agosto) facendo un total de 250 horas.

A Deputación adxudica as obras da Escola de Cantería

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar, mediante procedemento aberto, o contrato para a redacción do proxecto básico e de execución e da realización das obras na Escola de Cantería para a súa adaptación á normativa vixente. Os traballos, que terán un prazo de execución de 9 meses, son un paso máis do Goberno provincial no proceso para converter a Escola de Cantería nunha Entidade de Formación Profesional para o Emprego.

Arranca o novo curso da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra

Este luns 1 de outubro deu comezo nas instalacións de Poio o novo curso da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. Ao acto de apertura asistiu a deputada de Emprego, Montse Magallanes, que deu a benvida ao preto de 30 alumnos e alumnas que cursarán os estudos ofertados pola Escola, que aconsellou ao alumnado que “aproveite este curso porque poderedes traballar nas mellores instalacións de toda España e cun profesorado e equipo directivo moi implicado na vosa formación”.

A Escola de Cantería elabora as estatuillas do VIFFI, Festival de Cine Inclusivo

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinou esta mañá o convenio de colaboración con Gonzalo Suárez, presidente de AGAIN, por medio do cal a Escola de Cantería da institución cede ao VIFFI, Festival de Cine Inclusivo de Vigo, as estatuíllas para os seus premios á mellor curtametraxe elixida polo xurado, á mellor elixida polo público e ao mellor documental seleccionado polo xurado. Silva aproveitou a ocasión para felicitar e facer un recoñecemento a AGAIN e poñer en valor actuacións como esta, “promovida pola sociedade civil para construír un mundo mellor”.

A deputada provincial Montserrat Magallanes inaugura a mostra «Nado en pedra» na Guarda

A deputada provincial de Emprego e concelleira no Concello da Guarda, Montserrat Magallanes, acompañada polo alcalde, Antonio Lombra, inauguraron o pasado sábado no Castelo de Santa Cruz a exposición escultórica «Nado en pedra», elaborada por alumnos da Escola de Cantería. Ao acto de inauguración tamén a directora da Escola de Cantería, Concepción López Paz; o director técnico e mestre escultor da mesma, Enrique Velasco e outros membros da Corporación municipal.

Suscribirse a este canal RSS