Marta Valcárcel presenta o proxecto de ampliación da Escola Infantil de Salvaterra

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de reunirse co xerente do Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, para presentarlle o proxecto de máis de 200.000 € para a ampliación da Escola Infantil de Salvaterra. Un proxecto que contempla  unha ampliación de dúas unidades, creando así ata 35 prazas máis.

Xoán Carlos González, contradí a Javier Bas no financiamento da escola infantil de Chapela

O portavoz do BNG de Redondela, Xoán Carlos González puntualizou hoxe as declaracións do alcalde de Redondela sobre o financiamento da Escola Ifantil de Chapela. González sinala que “dos 820.000 €, que afirma veñen recollidos nos orzamentos do Consorcio de Servizos Sociais, somente aparece o 50%”. Pola contra, sinala o concelleiro nacionalista, noutros concellos "vanse construír equipamentos similares, que chegan ao total do financiamento.

O Goberno das Neves consigue que a Xunta licite a nova Escola Infantil

O Goberno local das Neves (BNG-PSOE) vén de acadar que, por fin, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, aprobe a licitación da Escola Infantil. O propio xerente do Consorcio,  Perfecto Rodríguez, chamou ao alcalde nacionalista das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, para darlle a nova.

  • Publicado en As Neves

San Mateo négase a desaparecer en silencio

A escola infantil de San Mateo de Oliveira, en Ponteareas, non está disposta a desaparecer en silencio, como desgraciadamente aconteceu con outros centros escolares rurais galegos, e nais, pais, colextivos sociais e grupos políticos da Corporación ─será un bo momento para saber onde e como está cada quen─, concentraranse diante da Xunta de Galicia para loitar polo mantemento desta escola infantil.

Concello e Xunta asinarán o convenio para a construción da nova Gardería das Neves

O presidente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez e o alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez asinarán, esta semana, o convenio que permitirá o construción da que será a nova Escola Infantil das neves, obra que contará cun investimento de preto de 300.000 euros dos que o Concello das Neves aportará o 25 %.

Mos remata o muro de contención fronte á Escola Infantil da Porteliña

O Concello de Mos está a traballar, nestes días, na acometida dun muro de contención na porteliña, fronte a Escola Infantil, obras que están case que rematadas a falta tan só dos traballos de axardinado que comezaron no día de hoxe. As obras, cun prazo de execución de algo máis dun mes,  “constitúen unha importante mellora para a zona da Porteliña, na parroquia de Petelos, xa que o anterior muro carecía dunha cimentación axeitada", asegura a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

  • Publicado en Mos

EU Ponteareas denuncia represalias do Concello na Escola Infantil

EU Ponteareas vén de denunciar o que cualifica de “represalias” contra as traballadoras da Escola Infantil Municipal ás que a concelleira de Benestar “pretende negarlles o dereito de utilización do comedor da escola”. EU explica que no taboleiro de anuncios, colocouse un cartel no que se indica que a partir do 18 de marzo, “o persoal non come na escola infantil municipal”.

Suscribirse a este canal RSS