Areeiro aconsella tratar as viñas contra o mildeu ante as inminentes choivas desta semana

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de advertir nun aviso fitosanitario extraordinario da necesidade de aplicar tratamento nas viñas contra o Mildeu ante a chegada de chuvias nos vindeiros días que poderían xerar novas contaminacións. A técnica Rosa Pérez Otero explica que cando se emitiu o anterior aviso fitosanitario ─venres día 18─ as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas anunciaban tempo estable, se ben na actualidade todas elas prevén precipitacións.

As baixadas das temperaturas diminúen o risco de mildeu nas viñas, segundo Areeiro

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de indicar no seu último aviso fitopatolóxico que o risco de infección da viña por Mildeu vaise reducir grazas á baixada das temperaturas. Os técnicos subliñan, así mesmo, que é preciso aplicar tratamentos só onde son estritamento necesarios, xa que se corre o risco de eliminar insectos e ácaros moi útiles para o desenvolvemento das vides.

Areeiro alerta que o mildeu xa apareceu en todas as viñas

A Estación Fitopatolóxica de Areiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de alertar de que o Mildeu xa está presente en todas as viñas da provincia debido ás condicións “extremadamente favorables” na climatoloxía para a aparición do fungo. Os técnicos sinalan que é preciso renovar canto antes os tratamentos, e para quen os aplicou nos últimos días -dende o pasado martes- é “imprescindible” comprobar que a intervención está a ser eficaz.

Areeiro manten o aviso de "perigo elevado" de infección por oídio nas viñas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación Provincial, vén de publicar o seu último aviso fitosanitario, no que advirte do “elevado” perigo de infección das viñas por Oídio, que se prolongará ata o peche dos acios, e da necesidade de manter unha boa vixilancia tanto por este patóxeno como polo Mildeu.

Areeiro alerta da actividade anticipada da procesionaria dos piñeiros

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, vén de emitir un aviso fitosanitario extraordinario de tipo forestal para advertir da actividade anticipada da procesionaria nos piñeiros da provincia. Segundo indican os técnicos, é preciso aplicar as medidas necesarias para evitar que as eirugas completen o seu ciclo biolóxico no caso de ter detectadas procesións en xardíns con piñeiros ou cedros. Así mesmo, en relación ás frondosas, aconsellan instalar trampas de feromonas para reducir as poboacións de eirugas defoliadoras que poidan afectar aos gromos dos carballos.

Areeiro recomenda extremar a vixilancia para evitar a botrite na viña

A incidencia máis xeneralizada na viña durante esta semana son as posibles consecuencias das choivas deste venres e do pasado mércores, polo que dende a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, recomendan extremar a vixilancia ante a aparición de botrite, posto que a partires de agora é a enfermidade que máis pode comprometer a colleita.

Areeiro advirte sobre os tratamentos contra o mosquito verde na viña

A estación fitopatolóxica do Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, vén de recomendar que antes de comezar tratamentos contra o mosquito verde das viñas, se faga unha comprobación de que, efectivamente, a viña está afectada por dito insecto. Os técnicos da EFA están a constatar que se están aplicando tratamentos contra teóricos ataques de mosquito verde que en realidade son síntomas de estrés hídrico

Areeiro asegura que O Condado é a comarca máis afectada polo mildeu

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro vén de recomendar, no seu aviso fitosanitario de hoxe, a necesidade renovar os tratamentos contra o Mildeu da viña en todas as comarcas da provincia. Neste momento, sinalan os técnicos, a maior incidencia da enfermidade estase observando na comarca do Condado, na que se rexistraron síntomas no 100% das parcelas visitadas.

Suscribirse a este canal RSS