Tráfico e estacionamento restrinxido en Tomiño polo «Venres de Foliada»

A celebración do desfile de Entroido «Venres de Foliada» que terá lugar mañá 1 de marzo e dadas as obras da nova autovía que se están desenvolven do na actualidade, obrigan ao Concello de Tomiño a practicar restriccións de tráfico e estacionamento ao longo do percorrido deste multitudinario desfile de entroido.

  • Publicado en Tomiño

A primeira hora será gratuita no parking do Aral en Baiona

O Concello de Baiona anunciou este martes unha nova medida para sacar partido ao aparcadoiro do Aral, xestionado actualmente polo Consistorio, facilitando o estacionamento a veciños e visitantes nos seus desprazamentos ao centro para realizar compras ou xestións administrativas. Como primeira medida o alcalde, Anxo Rodal, anunciou onte que desde o vindeiro luns, 9 de xaneiro e ata o 15 de xuño, a primeira hora do aparcadoiro será gratuíta de luns a venres, de 7 a 23 horas, excepto os días festivos.

  • Publicado en Baiona

O 1 de novembro reactívase a zona azul no casco urbano de Tui

O Concello de Tui informa que o próximo 1 de novembro porase de novo en servizo a zona azul co que no centro urbano haberá un centenar de prazas con estacionamento gratuíto limitado durante hora e media coma máximo. Será nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía Foxo e Calvo Sotelo.

  • Publicado en Tui

Ponteareas creará 40 novas prazas de aparcamento a carón da Praza Maior

O Goberno local de Ponteareas asinou acordo cos propietarios de varias fincas situadas na rúa Santa Ana, a carón da Praza Maior, para poder dotar á zona dun maior número de estacionamentos. O acordo, asinado polo alcalde Xosé Represas, permitirá garantir novos espazos de estacionamento no núcleo urbano de Ponteareas. O Concello levará a cabo tarefas de desbroce e limpeza, así como adecuación do espazo, nas vindeiras semanas para crear até 40 novas prazas de aparcamento.

Tui amplia os espazos gratuitos de estacionamento de vehículos

O Concello de Tui vén de habilitar un novo aparcamento no centro urbano, co que se amplía o espazo de estacionamento. Esta zona, situada na entrada traseira do Colexio Maristas Santa María vai sobre todo dirixida aos pais do alumnado deste centro educativo.

  • Publicado en Tui

Mos implantará o 'disco vermello' para estacionamento de persoas con mobilidade reducida

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, deu conta do éxito de implantación do sistema da Zona Azul en Puxeiros, que permitiu ordear o estacionamento na zona, permitindo que agora sempre queden lugares libres para aparcar, dándolle moitas facilidades ós condutores. Ademais a rexedora local e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, anunciaron tamén que xa é efectiva a implantación do 'disco vermello' para o estacionamento de persoas con mobilidade reducida na Zona Azul de Puxeiros.

  • Publicado en Mos

O Concello de Mondariz, satisfeito co resultado da campaña informativa sobre estacionamento

O Concello de Mondariz vén de dar por concluída a campaña informativa desenvolvida a través Policía Local, que tiña como obxectivo concienciar aos veciños e veciñas que utilizan vehículos a motor, da necesidade de estacionar correctamente. A Policía Local emitíu case 400 avisos. Os resultados da campaña, segundo sinalaba o alcalde Xoan Carlos Montes Bugarín, “non poden ser máis satisfactorios xa que a veciñanza entendeu, perfectamente, a importancia dun correcto estacionamento para o ben de todos”.

  • Publicado en Mondariz
Suscribirse a este canal RSS