As obras da Xunta na parroquia do Freixo, en Crecente, rematarán esta semana

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, supervisou as obras de contención e reparación da rede viaria ao seu paso pola parroquia de Freixo, que están executadas nun 90 %, prevéndose o seu remate para esta semana. Estas actuacións, cun investimento de case 100.000 euros, son froito da colaboración entre a Xunta e o Concello de Crecente.

  • Publicado en Crecente

As obras da Travesía de Vigo, en Redondela, rematarán antes do prazo previsto

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou hoxe Redondela para supervisar as obras da Avenida de Vigo, a travesía que une Chapela con Vigo na PO-323, que, segundo a responsable de Infraestruturas “estarán rematadas o vindeiro verán, o que supón acurtar o prazo marcado inicialmente, previsto para o mes de novembro de 2018”.

Vía libre á circunvalación de Tomiño

A nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo en Tomiño e permitirá eliminar o tráfico de paso polo centro urbano da vila xa ten vía libre. A presidenta da Deputación Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera e o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, participaron hoxe xunto coa alcaldesa Sandra González Álvarez e coa conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, na sinatura do convenio que certifica a colaboración das tres institucións para a execución da estrada de nova creación, que ten un orzamento de 3.545.623,60 euros, dos que 2.351.163,26 serán aportados pola Deputación de Pontevedra.

  • Publicado en Tomiño

Ethel Vázquez visitou as obras de humanización da rúa Vigo, en Chapela

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, supervisou hoxe o inicio das obras de mellora da estrada que une Chapela e Vigo, a PO-323, a denominada rúa de Vigo que, segundo a Vázquez Mourelle, "reforzarán a seguridade viaria e humanizarán e revitalizarán esta contorna".

A Xunta achega máis de 100.000 euros para obras na parroquia de Freixo

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, para a execución de muros, reparacións de noiros e canalizacións na parroquia do Freixo. A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas financiará estas actuacións coa achega dun investimento de máis de 106.000 euros.

Vázquez salienta as vantaxes da integración do bus urbano de Mos no transporte metropolitano

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, comprobaron in situ que, desde hoxe, o servizo de autobús urbano de Mos forma parte do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, o que lles permitirá aos veciños realizar transbordos gratuítos.Vázquez Mourelle subliñou neste municipio púxose en marcha este servizo en tan só un mes e medio desde que se asinou o convenio.

  • Publicado en Mos

As obras da Senda Azul na PO-325 iniciaranse despois do verán

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, mantivo  un encontro cos alcaldes de Nigrán, Juan González, e de Gondomar, Francisco Ferreira, aos que lle avanzou que hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a licitación das obras da nova senda na estrada PO-325, que comezarán a finais deste verán e terán un investimento duns 390.000 euros.

  • Publicado en Nigrán

Ethel Vázquez visitou en Baiona a reforma do carril-bici entre Vigo e A Guarda

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe en Baiona o “gran reto técnico” que supuxo a reforma do carril bici entre Vigo, Baiona e A Guarda para “facer compatible, dun xeito seguro, o uso da vía por parte dos distintos usuarios que a transitan: vehículos, peóns e ciclistas, diferenciando, ademais os ciclistas turísticos dos deportivos”.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS