Baiona súmase á bolsa de vivendas baleiras da Xunta

Baiona é tras Redondela, Gondomar e Pontevedra uno dos catro municipios da provincia adherido ao programa de "Vivendas Baleiras" da Xunta. O alcalde, Anxo Rodal e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez rubricaron o convenio para crear unha bolsa de vivendas sociais no municipio destinadas a persoas con dificultades.

  • Publicado en Baiona

A Xunta cederá ao Concello porriñés a titularidade das rúas Bos Aires e Progreso

Xunta de Galicia e Concello do Porriño chegaron a un principio de acordo para que as rúas Bos Aires e Progreso, que se atopan en pleno casco urbano da vila, pasen a ser de titularidade municipal en lugar de competencia da Consellería de Infraestruturas e Vivenda como son ata o de agora, logo da reunión mantida, en Vigo, entre a titular en funcións da Consellería e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre e o tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera.

Ponteareas e Gondomar asinan a súa incorporación ao programa de vivendas baleiras

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, asinou hoxe cos alcaldes de Ponteareas, Xosé Represas, e Gondomar, Juan Francisco Ferreira, os convenios para a incorporación destes municipios ao Programa de Vivendas Baleiras. Estes acordos pretenden facilitar o acceso a unha vivenda ás persoas que, por circunstancias económicas, persoais ou familiares se atopan en situacións de dificultade.

Concello e Xunta asinan a adhesión de Redondela ao programa de Vivendas Baleiras

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe co alcalde de Redondela, Javier Bas, un acordo para crear unha bolsa de vivendas sociais cos inmobles desocupados desta localidade pontevedresa, polo que é este municipio pequeno é o primeiro que se suma a esta medida do Executivo autonómico e o segundo de toda Galicia.

A Xunta ofrece colaboración a Redondela para as familias con risco de desafiuzamento

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, ofreceulle hoxe ao concello de Redondela a colaboración da Xunta de Galicia para apoiar ás familias en risco de perder a súa vivenda neste municipio. A responsable de Vivenda do Goberno galego mantivo esta tarde un encontro de traballo co alcalde, Javier Bas, no que lle proporcionou información completa sobre as 11 medidas postas en marcha pola Xunta para facer fronte aos desafiuzamentos.

A Xunta favorecerá a ubicación de empresas de automoción no parque empresarial de Mos

As empresas do sector da automoción poderán acceder a 25 parcelas e 166.000 metros cadrados de solo industrial no parque empresarial da Veigadaña, en Mos, a cambio dun canon simbólico anual. Así o trasladou esta mañá en Mos, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, á xunta directiva da Asociación de Empresarios de Mos e a representantes de empresas da automoción, dándolles así resposta á solicitude plantexada en anteriores xuntanzas de traballo.

  • Publicado en Mos

As empresas poderán solicitar solo industrial cun canon anual dende 30 céntimos metro cadrado

As empresas poderán solicitar a partir do 1 de decembro solo industrial en réxime de dereito de superficie a cambio dun canon anual simbólico por metro cadrado, desde os 38 céntimos por metro cadrado ao ano. Así o trasladou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que mantivo unha reunión de traballo con representantes e empresas que integran a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS