A Ponte Julián de Redondela contará cunha pasarela peonil

A Xunta atenderá a solicitude do Concello de Redondela de construír unha pasarela peonil adosada á Ponte Julián na súa marxe dereita, como actuación complementaria ás obras de ampliación executadas este mesmo ano nesa infraestrutura. Esa petición foi trasladada polo alcalde da localidade, Javier Bas, á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na xuntanza que ambos os dous mantiveron esta mañá para abordar asuntos de interese municipal.

O alcalde das Neves reúnese esta tarde coas tres administracións con competencias na Plisan

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, manterá unha xuntanza hoxe luns día 21, ás 17:30 horas, coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, na que recibirá información sobre a posta en marcha das obras de urbanización da primeira fase da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves e o desenvolvemento posterior da totalidade do proxecto da PLISAN.

  • Publicado en As Neves

Xunta e Concello asinan un convenio para a posta en valor do río Maceiras

O convenio asinado hoxe entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Redondela, implica a realización dun conxunto de actuacións concretas para a mellora do treito comprendido entre Fortóns e Ameal, no lugar de Vilavella cunha senda de 535 metros, que dará continuidade á existente. Estas obras, que suporán unha mellora integral da zona, teñen un prazo de execución de tres meses estarán rematadas este mesmo ano.

Mos terá unha liña de bus urbano integrada no Plan de Transporte Metropolitano

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas colaborará co Concello de Mos na posta en marcha dunha liña de autobús urbano, que se integrará no Plan de Transporte Metropolitano de Vigo. Este foi o principal asunto abordado na reunión que mantiveron en Santiago a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

  • Publicado en Mos

Rematadas as obras na Ponte Julián de Redondela

A conselleira de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou hoxe a mellora substancial na fluidez dos tráficos e na seguridade viaria, tanto de vehículos como de persoas, que supoñen as obras executadas polo seu departamento na ponte sobre o Río Alvedosa –Ponte Julián-, en Redondela, logo de supervisar os traballos realizados en compaña do alcalde de Redondela, Javier Bas, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.

Suscribirse a este canal RSS