Ethel Vázquez visita as obras da Avenida de Vigo en Chapela

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, visitou hoxe as obras de humanización que se están a desenvolver na Avenida de Vigo, de Chapela a asegurou que a veciñanza, tras as obras que contaron cun investimento de 2,3 millóns de euros, "xa dispoñen dunha vía máis accesible e segura". Vázquez Mourelle explicou que o bo avance das obras permitiu acurtar prazos, adiantando ao verán de 2018 a súa finalización, prevista inicialmente para o mes de novembro.

Redondela traslada á Xunta a necesidade de eliminación da peaxe de Rande

O Concello de Redondela e os afectados pola AP9 veñen de trasladar á Xunta de Galicia a necesidade de eliminar a peaxe de Rande ao considerala “un agravio inxusto que prexudica a competitividade de Chapela e do conxunto da comarca de Redondela”, petición formulada nunha xuntanza que mantiveron onte á tarde, en Santiago, coa conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez.

A Xunta executa traballos de reparación en tres estradas das Neves afectadas polos lumes

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou hoxe o Concello das Neves onde, acompañada polo alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez, supervisou as obras de acondicionamento que se están a desenvolver en tres estradas autonómicas do municipio: a PO-415, a PO-402, que une Oleiros e Vilasobroso e a PO-400, que vai de Salvaterra a Filgueira, no concello de Crecente.

  • Publicado en As Neves

Ethel Vázquez reafirma o compromiso da Xunta coa VAP Tui-A Guarda

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, mantivo hoxe un encontro cos alcaldes do Baixo Miño e cos representantes da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Tui, ante os que reafirmou o compromiso do Goberno galego coa VAP Tui- A Guarda co inicio das expropiacións do enlace de Areas nas vindeiras semanas e unha planificación viable para os treitos restantes.

  • Publicado en Tui

A Xunta aposta por "abrir Baiona ao mar"

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o alcalde, Ángel Rodal, salientou hoxe a aposta do Goberno galego por “abrir Baiona ao mar” a través da mellora da travesía deste municipio, que supón un investimento de medio millón de euros e estará rematada a finais de novembro.

  • Publicado en Baiona

Porriño esixe solucións ás dificultades de mobilidade do Plan de Transportes de Galicia

A Xunta de Voceiros da corporación municipal do Porriño, co apoio dos representantes do PSOE, UDDL, EUSON, BNG, e NON ADSCRITOS, decidiu esixir á Xunta de Galicia, en concreto á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que resolva urxentemente as dificultades de mobilidade xeradas aos veciños coa implantación do novo Plan de Transportes de Galicia.Nunha  xuntanza 
analizaron  a eliminación de liñas, de frecuencias e os continuos atrasos na prestación do servizo de transporte público por parte da Xunta, que están a provocar numerosas queixas dos veciños.

Suscribirse a este canal RSS