O Porriño concéntrase en repulsa polo crime machista de Villalba

Eva García, alcaldesa do Porriño presidiu este mediodía a concentración de repulsa polo crime machista acontecido onte en Vilalba. O acto celebrouse diante do Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios coa presenza de veciñas, veciños e representantes dos grupos políticos da corporación municipal do Porriño.

A Xunta comprométese a presentar en tres meses a mellora da travesía da Vaquería

A Xunta de Galicia tén de prazo ata o 11de outubro para presentar un proxecto de mellora da seguridade viaria na travesía do barrio A Vaquería, en Budiño, segundo o compromiso adquirido a pasada semana, polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, ante a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e unha representación veciñal nun un encontro celebrado en Vigo na sede da Delegación Territorial da Xunta.

O BNG non pecha as portas para un pacto de goberno no Porriño

Ante ás afirmacións de Eva García De La Torre nos medios de comunicación sobre as negociacións que manteñen abertas o BNG e PSdG para un acordo de goberno, os nacionalistas reclaman da alcadesa do Porriño "prudencia sobre o contido e o avance das negociacións". O BNG asegura "manter aberta a vontade de que haxa un pacto de goberno" aínda que advirten "este pode darse ou non".

A Audiencia Provincial anula a sentenza que absolvía á alcaldesa do Porriño

A Sala Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra vén de anular a sentenza dictada polo Xulgado Penal Nº 1 de Pontevedra que absolvía a Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, dun presunto delito de falsedade en documento oficial a raiz dunha denuncia interposta por uns particulares durante o seu exercicio profesional como avogada. Eva García expresou a súa "confianza na xustiza" e asegurou que esta decisión da Audiencia "“non afecta a miña actividade política nin a meu cargo como alcaldesa e polo tanto manteño a folla de ruta para a formación de novo goberno municipal de Porriño".

O Porriño reivindica catro séculos de tradición para converterse na capital galega do pan

A vila do Porriño acollerá esta fin de semana a cuarta edición da Feira do Pan do Porriño, na que se quere resaltar a singularidade e a excelencia deste produto, avalada por máis de catro séculos de elaboración artesanal, sumados ao emprego de fariñas tradicionais e de masa nai. A Feira, que se desenvolverá o sábado 1 de xuño e domingo 2 de xuño, foi presentado hoxe no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, polo deputado de Turismo, Santos Héctor e a alcaldesa en funcións do Porriño, Eva García de la Torre.

O Centro Cultural do Porriño acolle a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson

A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidiu hoxe a inauguración da exposición 'Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia' que se exhibirá no Centro Cultural Municipal ata o 2 de xuño. Walter Alvarez , director territorial de ABanca e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de AFundación, asistiron tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición ao Porriño.

Suscribirse a este canal RSS