O Mercado Municipal de Tomiño acolle a mostra colectiva «Unha de tres»

Até o 31 de agosto pode visitarse no Mercado Municipal de Tomiño a mostra «Unha de tres»; unha exposición plástica colectiva, na que Basilio Calzado e Gerardo Rebagliati expoñen collages figurativos ou abstractos cun fondo crítico á situacións sociais e políticas actuais. Emilio Cabeiras, iniciado na Escola de Artes e Oficios de Vigo, expón traballos de serigrafía artística

  • Publicado en Tomiño

'Galaicos' desembarca no Museo da Prehistoria de Valencia

A Deputación de Pontevedra abriu onte a exposición 'Galaicos. Un pobo entre dous mundos' no Museo da Prehistoria de Valencia, no Centre Cultural da Beneficencia da capital levantina, a mostra na que se pon en valor, de forma didáctica e explicativa, a importancia e sofisticación da cultura galaica e o seu territorio como un dos puntos estratéxicos da prehistoria e historia antiga.

Ata o 7 de decembro pódese visitar a exposición «Músicas da Terra» na Guarda

Ata o vindeiro día 7 de decembro pódese visitar a exposición de pintura «Músicas da Terra» na sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda. A mostra, autoría do artista pontevedrés Álvaro Novegil «Alvarellos» inaugurábase o pasado 23 de novembro nun acto presidido pola concelleira de Cultura, Elena Baz, quen amosaba a súa satisfacción por poder contar, no municipio, "con esta interesante exposición de pinturas".

  • Publicado en A Guarda

Lazoiro celebra os 50 anos da S.D. Salvaterra cunha exposición

A Asociación Lazoiro segue amosando a súa capacidade de achegar á veciñanza, todo aquilo que teña que ver coa historia de Salvaterra de Miño de cara a manter, preservar e difundir o patrimonio histórico e cultural do municipio. Logo das exposicións «Memoria de Salvaterra», «A Nosa Memoria» e «Xentes da Raia», que tiveron lugar nas Covas de Dona Urraca, Lazoiro acomete agora unha exposición sobre a «Historia do Fútbol de Salvaterra» celebrando, así, os 50 anos da Sociedade Deportiva Salvaterra.

A exposición «Auga, o sangue da terra» chega á Guarda

Concello da Guarda e Abanca, Afundación, asinaron, o luns 29 de outubro, un convenio de colaboración para desenvolver a exposición «Auga. O sangue da terra», obra do fotógrafo Manuel Valcárcel, amais dunha programación de actividades educativas paralelas á mostra en colaboración cos Colexios do municipio.

  • Publicado en A Guarda

Salceda acolle a mostra sobre Antón Alonso Ríos cedida polo Concello de Tomiño

Até o día 30 de setembro, o Auditorio Municipal de Salceda de Caselas acolle a  exposición  «Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un país», cedida polo Concello de Tomiño, unha mostra itinerante sobre a figura do político e mestre Antón Alonso Ríos, que arrancou en Tomiño o mes de outubro de 2017, e que ten percorrido varios municipios, coma Silleda ou Gondomar.

Manuel Vázquez Alemán expón os seus cadros en Baiona

Ata o próximo 30 de setembro, veciñanza de Baiona e visitantes, terán a oportunidade de gozar da pintura de Manuel Vázquez Alemán que, o pasado día 17 de setembro, inuaugraba a súa mostra na Capitanía Marítima baionesa, no número 20 da rúa Elduayen. A mostra poderá visitarse en horario de 12:00 h a 14:00 horas e de 18:00 h a 21:00 horas.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS