Entrega de diplomas do curso de Monitor de Fútbol Base en Ponteareas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, entregou os diplomas do curso federativo de monitor de fútbol base. Acompañado do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, e de membros da Federación Galega de Fútbol, o rexedor local fixo entrega dos diplomas deste curso avaliado pola Escuela Nacional de Entrenadores da RFEF, que a súa vez permite a convalidación do Bloque de Prácticas a realizar cando efectúen o curso federativo adestrador básico de fútbol.

Vinte e catro persoas da zona fórmanse coma adestradoras de fútbol base en Tomiño

Vinte e catro persoas superaron o Curso Intensivo de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), coa colaboración do Concello de Tomiño. Entre os participantes hai cinco mulleres de Tomiño e Comarca do Baixo Miño, case todas, xogadoras de equipos da zona. Con este curso, de iniciación, as persoas que o superaron poden adestrar en fútbol até en 3ª rexional.

  • Publicado en Tomiño

XIII Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos

Onte á tarde presentouse no Campo de Fútbol de Cototorrón, na parroquia mosense de Tameiga, o XIII Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos. Á presentación asistiron Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Méndez, tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Luis Alonso, tamén edil mosense, Patricio Farrapeira, presidente do Club Louro-Tameiga acompañado por outros membros da directiva do club; así coma representantes da Fundación La Caixa e os nenos/as xogadores/as das categorías do Club-Louro Tameiga que participan neste torneo.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS