Éxito da VII Festa da Empanada en Gondomar

Como todos os anos e coincidindo coa conmemoración do día das Letras Galegas, celebrouse en Gondomar, desde o xoves 16 ata o domingo 19 de maio, a sétima edición da “ Festa da Empanada”, organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, en colaboración coa Concellería de Comercio do Concello de Gondomar. A cita gastronómica tivo unha gran acollida entre veciños e foráneos que se achegaron ata Gondomar para gozar desta delicia culinaria tan presente en Galicia.

O alumnado do CEIP Antonio Carpintero de Arbo, gozan do Verán Cultural

O Concello de Arbo, dentro da actividades do «Verán Cutural San Roque 2018», organizu unha Festa infantil no CEIP Antonio Carpintero, festa que coincidía coa clausura do curso 2017-2018 e que se realizaba en colaboración co equipo directivo do centro. Os cativos e cativas gozaron de xogos, inchables, música e a visita especial de Mickey e Minnie. A idea, explicaba o alcalde Horacio Gil, permitiu que "nenos e nenas gozasen desta Festas, acompañados polos mestres, compañeiros e compañeiras que durante este curso comparteron con eles grandes momentos".

  • Publicado en Arbo

IX Festa do Chouripán do Porriño

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián presentou hoxe a IXª edición da Festa do Chouripán do Porriño, que se celebrará o vindeiro xoves 23 de xuño na Praza de San Sebastián do Porriño a partir das 20:00 horas. Trátase dunha festa que, logo de nove anos, está plenamente consolidada como o demostra o feito de que, ano tras ano, é maior o número de veciñas, veciños e visitantes que se achegan ata a praza de San Sebastián.

Miles de persoas visitaron Tui na fin de semana con motivo do Arraianos

Miles de persoas visitaron Tui, nesta pasada fin de semana, para asistir ao Festival da Historia Arraiana, Arraianos, que este ano celebraba a súa primeira edición e na que o Concello tudense puxo todos os medios ao seu alcance para que o festival fora o que ao final resultou ser: un éxito tanto de participación como de organización dos distintos actos do programa que se desenvolveron nas prazas de San Fernando, A Misericordia, San Telmo e Fromista. Chega pois, o tempo de facer balance.

  • Publicado en Tui

A Aloiada 2016 contará coa participación de máis de 120 escolares tudenses

A realización de actividades deportivas en pleno contacto coa natureza e propiciar a convivencia entre o alumnado de distintos centros son parte dos obxectivos da Aloiada 2016. Esta actividade, que chega a súa novena edición, está organizada polos CEIP’s nº1, nº2 e de Pazos de Reis de Tui coa colaboración do Concello de Tui.

  • Publicado en Tui

O sábado, día grande da I Festa do Pan do Porriño

Tras a apertura da festa hoxe venres, cunha xornada sobre a Historia do Pan do Porriño, a cargo do historiador Quico Paz Antón e as Perspectivas do Certificado de Calidade do Pan do Porriño, a cargo do Director da Consultora Galipad Consulting, Nicolás Iván Vaqueiro, mañá sábado a Festa do Pan do Porriño terá o seu día grande cunha importante cantidade de actividades ao longo do día.

Todo disposto para a décimo oitava edición da Festa do Codillo de Mos

Hoxe, o Pazo de Mos acolleu a presentación da XVIII Festa do Codillo que contou coa presenza de membros da directiva da asociación organizadora do evento gastronómico, o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, entre eles a súa presidenta; así como Alberto Méndez, alcalde P. D. de Mos, e Sara Cebreiro, concelleira de Cultura mosense.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS