A Festa da Langosta da Guarda supera as previsións máis optimistas da organización

A Guarda acolleu esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda e no que se degustaron ademais moitos pratos da Cociña Mariñeira. Segundo datos recollidos dos restauradores participantes, en total servíronse preto de 500 kg de langosta nos 3 días de duración desta edición, destacando a masiva afluencia de comensais o que provocou que se superaran novamente as previsións e se esgotasen moitos dos 24 pratos ofertados.

A Guarda cónvertese na capital gastronómica galega cunha nova edición da Festa da Langosta

Todo está disposto para que, esta fin de semana, os días 5, 6 e 7 de xullo, a Guarda convértase na capital da gastronomía galega cunha nova edición, a vixésimo novena, da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. A afamada calidade da gastronomía guardesa fixo ampliar a oferta de pratos mariñeiros e así todos os visitantes poderán coñecer os excelentes produtos do mar e, como non, o bo facer dos restauradores guardeses.

A Festa da Langosta da Guarda, galardonada na IX Edición dos Premios Galicia

O vindeiro 4 de xullo o Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo acolle a entrega dos Premios Galicia da Revista Ejecutivos, na que A Guarda e a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira foi galardoada co «Premio ao Destino Gastronómico», acto que contará cunha representación guardesa encabezada polo Alcalde da vila, Antonio Lomba.

A langosta, Moncho Borrajo e Luis Zahera, pratos fortes da Festa da Langosta

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira chega súa XXIX edición cunha destacada programación onde os humoristas e a música de fusión serán os protagonistas xunto coa raíña da festa, a langosta. Os días 5, 6 e 7 de xullo o porto da Guarda será o escenario da festa gastronómica de referencia. Os restaurantes ofrecerán a langosta acompañada duns 20 pratos mariñeiros sen esquecer dos doces típicos e do viño Denominación de Orixe do Rosal.

A Guarda pecha a Festa da Langosta con récord de participación

A Guarda pechou onte a vixésimo oitava edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira e o fixo batendo récord de participación xa que pola vila guardesa pasaron, nos dous días e medio de festa ─abríase oficialmente ás 9 da noite do venres─, máis de 20.000 persoas que tiveron a ocasión de gozar dunha oferta gastronómica de máis de 24 pratos de cociña puramente mariñeira acompañada de viños da subzona do Rosal da D.O. Rías Baixas.

Conta atrás para a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda

O Concello da Guarda acolle, dende este venres día 6 de xullo, a XXVIII edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa de Interese Turístico de Galicia e un evento que é unha das citas de máis sona dentro das festas gastronómicas de Galicia. Este evento gastronómico que conta cunha gran traxectoria, ofertará un total de 24 pratos da cociña mariñeira ademais de sobremesas, acompañados dos caldos da Subzona do Rosal da D.O. Rías Baixas.

MITIC e Celina da Piedade pratos musicais da Festa da Langosta da Guarda

Todo está disposto. Mañá venres 6 de xullo a Guarda comeza a vivir unha das súas festas grandes, a «Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira» que con esta acada a súa vixésimo oitava edición e que, ao longo de tres días e excelencia gastronómica aparte, ofrece a veciñanza e visitantes unha ampla e variada programación que, na súa vertente musical, ten en MITIC e Celina da Piedade os seus pratos fortes.

Nancho Novo, pregoeiro da «XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira»

O actor, humorista e cantante galego Nancho Novo, será o responsable de dar o pregón da «XXVIII Festa da Langosta e da Cocina Mariñeira» este venres día 6 de xullo a partires das 21:00 h na Praza do Reló da Guarda. Nado en 1958 na Coruña, combina a súa carreira de actor coa de cantante e compositor, ademais de ser o guitarrista do grupo Rock Los Castigados sin postre. Ten realizado varios sketchs no recoñecido programa televisivo «El Club de la Comedia» e participa coma colaborador no programa radiofónico Hoy por hoy Madrid de Radio Madrid.

Suscribirse a este canal RSS