Nigrán celebra a festa do seu patrón, San Fiz, con dous días de actividades

O Concello de Nigrán abre o mércores coa festa da escuma na Praza do Concello e as actuacións das orquestras América e Televisión no Ceán os festexos de San Fiz, patrón do municipio. Esta celebración, organizada directamente polo Concello, estenderase por vez segunda vez consecutiva durante dous días (o mércores 31 de xullo e o mércores 1 de agosto, festivo local) con múltiples actividades para nenos e maiores e coa participación de grupos de referencia en Galicia, outogándolle a entidade que merece aos festexos do patrón da localidade.

  • Publicado en Nigrán

A Guarda prepárase para a semana grande das Festas do Monte 2019

A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as «Festas do Monte 2019», celebración catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia, unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo libre. A programación de actividades arranca na xornada do sábado 3 de agosto cos torneos de Hockey e as Carreiras Pedestres.

O Ameixoa F. C. protagonizará o 'Estourazo' en Salceda

O Ameixoa F. C. é o colectivo escollido este ano para dar o pistoletazo de saída ás festas do Cristo de Salceda. A cita será o vindeiro sábado 20 ás 22:00 horas no balcón da Casa da Cultura Castelao, donde os compoñentes do club serán os encargados de disparar o xa tradicional 'estourazo', que este ano chega á súa décima edición.

Tomiño e Goián prepáranse para celebrar os seus Entroidos máis tradicionais

O desfile de Entroido «Venres de Foliada 2019» encherá as rúas de Tomiño na noite do 1 de marzo, a partir das 21.30h no núcleo do Seixo. Unha trintena de comparsas serán as protagonistas deste especial desfile, un dos máis multitudinarios da comarca no que máis de 1.500 persoas, chegadas dende distintos puntos da provincia, percorrerán as céntricas rúas tomiñesas, marcándose, coma vén sendo habitual, a saída no colexio Pedro Caselles.

  • Publicado en Tomiño

Baiona comeza a conta atrás para a 'Festa da Arribada' 2019

O Concello de Baiona, vén de iniciar a conta atrás para a 'Festa da Arribada' 2019 e o fai co spot promocional da festa, cunha visión universal, agrupando a multitude de teorías sobre o descubrimento de América, cunha boa doses de ironía e retranca galega, sen menoscabo de desprezar as distintas teses ao redor do descubrimento. 

  • Publicado en Baiona

A Guarda segue a vivir con intensidade as Festas do Nadal

 

Continúa a programación de Nadal a Guarda con animación musical polas rúas, concertos, obradoiros de decoración, teatro, chocolatadas, pista de xeo, barferencia e moitas máis actividades que se estenden ata o 6 de xaneiro.O mércores 26 de decembro a Casa dos Alonso acolle o Obradoiro infantil 'Decora o teu Concello' no que nenos e nenas da vila participarán na decoración de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 nenos e nenas, as inscricións xa están pechadas.

  • Publicado en A Guarda

Mos dalle continuidade á tradición dos callos na comarca da Louriña

A segunda Festa dos Callos de Mos, organizada pola Unión Deportiva Mos e que se celebrará este vindeiro domingo, 2 de decembro, presentouse esta mañá no Concello, nun acto presidido pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada por Pablo Alonso Serodio, presidente da U.D. Mos e Fernando Córdoba, xefe da unidade de Negocio do Grupo Coren.

  • Publicado en Mos

A ampla oferta cultural posiciona a Ponteareas como referente para o tempo de lecer

O Goberno de Ponteareas quixo hoxe agradecer "a participación de todos e a todas os que nestes meses achegáronse a Ponteareas para vivir as diferentes actividades da programación cultural facendo que en moitas ocasións se tivese que colgar o cartaz de cheo". O amplo programa de actividades culturais desenvolvido e a súa diversidade fan do municipio do Tea, "un referente en actividades de lecer".

Suscribirse a este canal RSS