A Deputación achega a Gondomar a «SonDeSeu» no Musigal 2019

O concello de Gondomar acollerá este próximo sábado a actuación de «SonDeSeu» ao abeiro de «Musigal 2019», o programa da Deputación de Pontevedra vinculado á área de Cultura. «SonDeSeu» é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

V Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui

O próximo sábado 27 de abril, a cidade de Tui acollerá o 'Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui' que, con esta, chega xa a súa quinta edición. O encontro, organizado polo Centro Cultural Laxes de Paramos, contará coa participación das bandas Os Coribantes de Buchabade (Ponte Caldelas) e A Pintega Marela ( Madrid) que compartiran escenario coa Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, que actua como anfitriona do encontro.

  • Publicado en Tui

Los pueblos y la cultura

Hace unos días, escuchando a uno de los pocos políticos de éste país que dicen las cosas como son y no piensan solamente en su provecho, sino que también piensa en sus votantes, un político de bigote ─y no es el que todos pensáis, que ése ya se lo ha afeitado y pensar en sus votantes, tampoco es que lo hiciera demasiado─ sino que me refiero al presidente de la comunidad cántabra, un hombre que dice las cosas como las siente y por eso en muchas ocasiones no le dejan ni hablar.

A EDG «Virxe do Alivio» quere "botarche un baile" esta fin de semana

A Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio empeza o ano con forza. Para amosar todas as actividades que están a facer nestes intres invitar a todos os tomiñeses e tomiñesas a participar no Festival «Bótoche un baile», que se celebrará este sábado 20 de xaneiro ás 20.00 horas no auditorio de Goián.

  • Publicado en Tomiño

O folclore de Xeorxia, Letonia, Kenia e México, mañá en Tui

Mañá martes, 25 de xullo, ás 21:30 h o Parque do Laxal en Rebordáns acollerá a «XVIII Noite Internacional do Miño», unha cita, plenamente consolidada, organizada pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui que permitirá que, este ano, veciñanza e visitantes poidan gozar de actuacións de grupos de Xeorxia, Letonia, Kenia e México amais dos propios organizadores pertencentes ao Centro Cultural San Fins de Rebordáns.

  • Publicado en Tui

México, Tailandia e Xeorxia protagonizarán unha nova edición do «Danzando entre Culturas»

Hai xa anos que o Grupo Algazara de Celeiros, no concello de Ponteareas, vén traballando, arreo por certo, para que os veciños e veciñas non so da parroquia senón de todo o concello de Ponteareas, puidesen tomar contacto coa música folclórica. Primeiro foron grupos de Galicia e doutras autonomías do Estado. Posteriormente doutros países, a medida que o festival consolidábase e convertíase no que é hoxe en día: un firme referente da música tradicional e un escaparate extraordinario onde «comparar» o que se fai nestas terras e o que acontece noutros lugares.

Festival Algazara, dezanove anos achegando o mellor folk a Ponteareas

Hai dezanove anos que a Asociación Folclórica Algazara comezou unha extraordinaria iniciativa que tiña, como finalidade, espallar as nosas músicas e bailes tradicionais fora das nosas fronteiras máis inmediatas e, ao mesmo tempo, que os veciños e veciñas de Pontereas tiveran a oportunidade de coñecer o folclore tradicional doutras comunidades autónomas. Logo de dezanove anos, o Festival Algazara ocupa, por méritos propios, un lugar de honra nas citas obrigadas co folclore tradicional de Galicia.

Suscribirse a este canal RSS