Medio centenar de persoas benefícianse dos cursos organizados polo Concello de Tomiño

Máis de 50 persoas aproveitaron os cursos de preparación dos exames de ESO, ciclos medios, superiores e de competencias clave, organizados polo Concello de Tomiño, co fin de achegar formación a aquelas persoas que interromperon os seus estudos secundarios ou primarios por diferentes causas. Repartidas case por igual con respecto ao xénero, o 60% das persoas que se apuntaron a clases o curso pasado, tiñan entre 25 e 45 anos; habendo un 20% de menores de 25 e outro tanto de maiores de 45.

  • Publicado en Tomiño

Oia acolleu unha nova sesión formativa dentro do proxecto “Rumbo ao Emprego”

O proxecto “Rumbo ao Emprego” que están a desenvolver conxuntamente os concellos de Oia e O Rosal ofreceu hoxe venres unha nova sesión aberta ao público xeral, neste caso centrada en como xestionar o cambios. A píldora formativa desenvolveuse este venres 19 de xullo baixo o título «Como afrontar a xestión do cambio na procura de emprego» e tivo lugar no Centro Sociocultural de Pedornes entre as 10 h e as 12 horas.

  • Publicado en Oia

A Deputación aproba as bases para as prazas de 'O teu primeiro emprego'

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra, “O teu primeiro emprego”, neste caso para a propia institución provincial. O programa substitúe ao antigo Plan de Práctica Laboral, que converte as bolsas en contratos en prácticas.

Arbo programa un curso gratuito de formación para a atención de maiores

O Concello de Arbo como entidade solicitante de axudas por resolución do 20 de maio de 2019 respecto das axudas para o programa de iniciativas locais destinadas á mocidade, ao amparo da orde do 28 de decembro de 2018 que rexen as subenciones destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha destas iniciativas a través da Consellería de Política Social e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado obtivo unha axuda por importe de 5.600 euros para a realización destes cursos.

  • Publicado en Arbo

“Porriño Accede” consegue un convenio entre con “Maier Ferroplast” para fomentar a incorporación laboral

Dende o pasado xaneiro, ó longo dos cinco meses transcurridos, o programa “Porriño Accede” que se desenrola por terceiro ano consecutivo, fomentou a incorporación ó mercado de traballo en empresas da cidade e da bisbarra. Segundo o balanzo feito pola Concellería de Emprego, 65 foron as persoas seleccionadas para recibir formación das cales 26 firmaron xa un contrato de traballo no que leva de ano e outras 19 realizan prácticas durante o mes de maio con expectativas de inserción, en distintas empresas do Porriño.

Suscribirse a este canal RSS