O Auditorio de Goián acolle, o sábado, a V Gala do Deporte de Tomiño

Todo está disposto para que o Auditorio de Goián acolla, o vindeiro sábado, 9 de marzo ás 20 horas, a quinta edición da «Gala do Deporte» que, como novidade, ofertará unha fantástica «xornada multideporte» para os máis cativos. Nenos e nenas poderán practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, etc., de 17.00h a 20.00h no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.

  • Publicado en Tomiño

A Guarda homenaxea aos seus deportistas na XII Gala do Deporte

O pasado venres día 15 de febreiro o Centro Cultural da Guarda foi o escenario para a celebración da gran festa do deporte guardés coa XII edición da Gala do Deporte, evento que estivo presentado polo xornalista Terio Carrera. Nesta Gala, recoñecéronse os diferentes logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.

  • Publicado en A Guarda

XII Gala do Deporte, o 15 de febreiro, no Centro Cultural da Guarda

O Centro Cultural da Guarda será o escenario o vindeiro venres día 15 de xaneiro da gran festa do deporte guardés coa celebración da XII Gala do Deporte. Neste evento recoñeceranse os logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.

  • Publicado en A Guarda

Tomiño premia aos seus e as súas deportistas na «Gala do Deporte»

O Concello de Tomiño celebrou esta pasada fin de semana a cuarta edición da Gala do Deporte, un acto co que se quere recoñecer o traballo dos e das deportistas tomiñeses ao longo do ano 2017. Os galardóns e recoñecementos atenderon a varias categorías que foron dende o mellor evento deportivo á mellor deportista masculino e feminino absolutos que recaeron no piragüista Roi Rodríguez e Elena Cañibano, respectivamente, aínda que estes tiveron que compartir o galardón con outros dous deportistas.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño premia o traballo dos seus deportistas na «IV Gala do Deporte»

O Concello de Tomiño celebra esta fin de semana a cuarta edición da Gala do Deporte. Será un acto no que se recoñeza o traballo dos deportistas tomiñeses ao longo de todo o ano 2017, un acto co que o Concello, como explica o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, “quere premiar ao deporte tomiñés e pór en valor o esforzo levado a cabo por clubs e deportistas ao longo da pasada tempada”.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS