O 'Bocaselas' prevé vender máis de 10.000 bocadillos en tres fins de semana

O Concello de Salceda de Caselas xunto con 14 locais hostaleiros do municipio veñen de presentar a II edición do Bocaselas, a ruta de bocadillos do municipio, que se celebrará os venres e os sábados entre o 26 de abril e o 11 de maio (ambos incluídos). Establécense dúas rutas diferenciadas: unha para os venres e outra para os sábados, con sete establecementos participantes en cada un dos días. Loli Castiñeira, concelleira de Turismo e Comercio reafirmou a aposta do Goberno local "por este tipo de eventos que apoian ao comercio local e, neste caso, á hostalería".

Todo disposto para a 'XV Festa da Tortilla' de Ribadetea

Dicir que a Festa da Tortilla de Ribadetea e unha celebración consolidada é, evidentemente, unha obviedade porque, só algo totalmente consolidado, pode chegar a cumprir, con esta, a súa décimo quinta edición. O que comezou sendo unha festa 'caseira' de degustación, iso si, de marabillosas tortillas (e podemos dar fe diso) ideada polo Centro Cultural de Ribadetea, foi pouco a pouco medrando e 'tomando corpo' ata desenvolver ao seu arredor todo un programa de actividades que ocupan toda a fin de semana.

O Meixón do Miño protagonista gastronómico de Tui até o 29 de abril

O pasado sábado arrancaba en Tui a Festa do Meixón que se prolongará até o 29 de abril coincidindo coas festas de San Telmo. Tras la presentación realizada o pasado venres en Tui, o sábado o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto o concelleiro de cultura, Eduardo Freiría, desprazáronse até Ourense para presentar tamén alí este festexo gastronómico xunto ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, co obxectivo de promocionar o evento tamén a nivel galego.

  • Publicado en Tui

Atún de anzol de Orpagu, unha 'delicatessen' en tres formatos

A Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) volve ao Salón Gourmets, de Madrid, coa súa conserva de atún de anzol capturado pola súa frota en caladoiros de altura e gran altura. Despois da presentación da conserva o pasado ano neste encontro internacional de tendencias gastronómicas, os palangreiros guardeses volven ao salón para fomentar a comercialización da conserva nos seus tres formatos: ventresca, lombos e migas.

'Degusta Europa' chega á Praza de Abastos da Guarda o 11 de abril

O programa Degusta Europa, con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, vinculado á campaña 'Fame de Experiencias' da Deputación de Pontevedra, estará na Praza de Abastos da Gaurda o xoves, 11 de abril, en horario de 11 h a 12 h. A iniciativa que que potencia a enogastronomía; pretende, dinamizar os mercados municipais dándolles un toque de innovación e vangarda. O alumnado do CIFP Manuel Antonio, traballará con produtos das nosas rías e da nosa terra para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea.

Baiona abre a inscrición para a oitava edición do 'Bai de Tapas'

Os establecementos de Baiona que desexen participar nesta nova edición poderán realizar a inscrición ata o vindeiro luns, 8 de abril, nas oficinas da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA). O Concurso, organizado pola Concellería de Turismo de Baiona en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA), celebrarase desde o 9 de maio ata o 2 de xuño.

  • Publicado en Baiona

Arbo presenta en Lisboa a Festa da Lamprea

O Concello de Arbo preseentou a 59 Festa da Lamprea no Centro Galego de Lisboa, nun acto dirixido a socios e socias, autoridades e medios de comunicación da capital portuguesa. Esta presentación forma parte das iniciativas de promoción desta festa, declarada de Interese Turístico Nacional, que desenvolve o Concello. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, foi o encargado de relatar as bondades desta celebración que mobiliza a toda a localidade durante semanas coas actividades xeradas ao redor dela.

  • Publicado en Arbo

A Academia Galega de Gastronomía visita Arbo

O Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, Museo Arabo, de Arbo recibiu na pasada semana a visita da Academia Galega de Gastronomía. Acompañados polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, os visitantes tiveron a oportunidade de percorrer o museo, lugar onde constataron a estreita vinculación dos veciños e veciñas de Arbo coa lamprea e o viño.

  • Publicado en Arbo
Suscribirse a este canal RSS