Corenta e cinco mil razóns do éxito de Bai de Tapas 2015

A cuarta edición do concurso "Bai de Tapas" pechou as súas portas o pasado domingo logo de vinte e cinco días de duración na que 38 establecementos de Baiona e Sabarís ofreceron as súas creacións a pequena escala e nos que foron servidas máis de 45.000 tapas, segundo datos achegados polos locais participantes. Son 45.000 razóns polas que esta cita gastronómica, logo de catro anos, está plenamente consolidada e conta co apoio de persoas que se achegan á vila de Baiona dende toda a Área Metropolitana

  • Publicado en Baiona

Helado de fresas y plátano

¡Me encantan los helados!
Sobre todo en épocas de calor porque refrescan un montón. Para los niños son una delicia, les encanta comerlos en el parque, en la piscina, en la playa, etc. y si son caseros, como éste, mucho mejor, porque son más sanos que los industriales.

Arranca “Bocados”, o concurso de tapas de Nigrán

A Asociación de Empresarios do Val Miñor (OVALMI) e o Concello de Nigrán, veñen de convocar a segunda edición do Concurso Gastronómico “Bocados” que se desenvolverá entre os días 22 e 31 de maio coa participación dun total de 18 establecementos participantes que deberán ofrecer dous bocados ou tapas, unha por valor de 1,50 euros e outra por valor de 3 euros, con total independencia da consumición de calquera outra bebida ou produto.

  • Publicado en Nigrán

Bai de Tapas 2015 xa está en marcha

Unha decena de medios de comunicación locais e gastronómicos acudiron á presentación da IV edición do concurso de tapas de Baiona que se celebrou hoxe xoves na Pulpería Balneario. Ao acto acudiron tamén diversos representantes do Concello de Baiona, encabezados polo Alcalde Jesús Vázquez Almuiña, da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, presidida por Marcos Comesaña, ademais das adegas patrocinadoras do concurso: Adegas HGA, Adegas Escudeiro e Disgobe Selección de Vinos, representadas por Iago González e Carlos Montero.

  • Publicado en Baiona

Arranca "Bai de Tapas", o sabor de Baiona

Os 38 establecementos participantes comezarán hoxe xoves a realizar as súas creacións gastronómicas que ofrecerán ao consumidor, ata o 31 de maio, a un prezo de 2 € ou 3'50 €, se se combina cun dos viños que patrocinan o concurso: Albariño Albanta (D.O. Rías Baixas), Mencía Vía Imperial (Ribeira Sacra) e o Rioja Solar de Becquer, que pertencen ás Adegas HGA, Escudeiro e ao distribuidor Disgobe Selección de Vinos.

  • Publicado en Baiona

III Intercambio Gastronómico “Villas Marineras”

O xoves 23 de abril, celebrouse na localidade asturiana de Llanes, o III Intercambio Gastronómico de Vilas Mariñeiras. Tivo como protagonistas, tres cociñeiros procedentes de Baiona, Llanes e Santoña, xunto coa Escola de Hostalaría do IES de Llanes.

  • Publicado en Baiona

"Bai de Tapas", o sabor de Baiona

A cuarta edición do concurso de tapas de Baiona, que se celebrará do 7 ao 31 de maio, contará coa participación de 38 establecementos, o que supón un récord de participación na curta vida do concurso. Os locais realizarán un total de 76 tapas diferentes que os consumidores poderán degustar a un prezo de 2 € ou 3'50 €, se se combina cun dos viños que patrocinan o concurso, que pertencen ás Adegas HGA, Escudeiro e ao distribuidor Disgobe Selección de Viños.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS