María Miranda do CPA Condado de Salvaterra, subcampiona galega benxamín

O Club Patinaxe Artística condado de Salvaterra acadou unha medalla no transcurso do Campionato Galego nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil que se disputou en Gondomar. Na categoría Benxamín, Marta Fraga, do CPA Maxia da Coruña conseguia o ouro mentres que a prata e o título de subcampiona galega era para a patinadora María Miranda García do CPA Condado de Salvaterra. Carla Corral, do Lenda da Coruña, facíase coa medalla de bronce.

A Deputación achega a Gondomar a «SonDeSeu» no Musigal 2019

O concello de Gondomar acollerá este próximo sábado a actuación de «SonDeSeu» ao abeiro de «Musigal 2019», o programa da Deputación de Pontevedra vinculado á área de Cultura. «SonDeSeu» é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Éxito da VII Festa da Empanada en Gondomar

Como todos os anos e coincidindo coa conmemoración do día das Letras Galegas, celebrouse en Gondomar, desde o xoves 16 ata o domingo 19 de maio, a sétima edición da “ Festa da Empanada”, organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, en colaboración coa Concellería de Comercio do Concello de Gondomar. A cita gastronómica tivo unha gran acollida entre veciños e foráneos que se achegaron ata Gondomar para gozar desta delicia culinaria tan presente en Galicia.

Paco Ferreira... sen máis

En Gondomar, cos datos na mán, pouco hai que dicir que non sexa "Paco Ferreira... sen máis". Gobernando a última parte de lexislatura en 'minoría minoritaria' que diría un colega meu –4 concelleiros dun total de 17–, Paco Ferreira foi quen non só de manterse, senón de conseguir unha maioría absoluta quitándolle un concelleiro a Manifesto Miñor, os tres concelleiros a cabe e levandose parte dos vodos de IXG que non se presentaba á cita electoral. So un 'tirón' final do BNG, quitáballe un dos 10 concelleiros que tiña ata o momento deixándoo con 9 e maioría absoluta. O dito. Paco Ferreira... sen máis.

Alumnado do IES Terra de Turonio achegan a compostaxe á veciñanza de Gondomar

Os rapaces e rapazas de cuarto da ESO do 'IES Terra de Turonio' están a traballar para achegar a compostaxe á veciñanza de Gondomar da man do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Nesta semana realizaron unha feira relacionada coas diferentes materias do instituto e un dos postos estaba destinado a informar a todas as persoas que por alí pasaban, entre elas, compañeiras do IES, pais e nais, profesores e público en xeral, sobre o que hai que facer para compostar o lixo orgánico: os restos de comida e vexetais.

A Deputación financia dúas novas actuacións en Gondomar con máis de 145.000 euros

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno dous novos investimentos por un valor de 145.030,80 euros para Gondomar con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, destínanse 81.530,80 euros para a humanización da interconexión das rúas san Bieito e Emigrante coas estradas de Peitieiros e Chaín-Morgadán, e outros 63.500 euros para financiar as obras de mellora da pavimentación en camiños municipais nos barrios de Guntín, As Regadas e Boucelos (Borreiros).

Suscribirse a este canal RSS