"Coñece Ponteareas" propón un percorrido guiado polo casco vello da vila

O próximo xoves, 27 de agosto, terá lugar unha nova andaina urbana polo casco urbano do concello denominada “Coñece Ponteareas”. A actividade, que dará comezo ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal, permitirá que os asistentes poidan coñecer máis polo miúdo a historia dalgúns dos edificios emblemáticos situados no eido máis urbano da vila do Tea.

A Historia de Redondela a través dos Maios

A Concellaría de Cultura organiza a presentación do libro “60 anos de crónicas redondelás” (unha ollada dende as coplas dos Maios), do redondelán Xesús Olimpio Giráldez Lera. A publicación, editada pola Concellaría de Cultura, é unha viaxe a través do tempo que nos permite coñecer a historia de Redondela da man das coplas dos maios.

Suscribirse a este canal RSS