Carmela Silva e Asociación de Mulleres no Sector Público apostan pola formación en igualdade

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo un encontro de traballo con mulleres directivas da Asociación de Mulleres no Sector Público en aras de impulsar liñas de colaboración e proxectos conxuntos. En concreto, ambas organizacións acordaron lanzar actuacións para visibilizar ás mulleres no sector público e apostar pola formación en materia de igualdade.

Éxito da campaña «Agresión Off» da Concellería de Igualdade no Rock in Río Tea

A concellería de Benestar Social e Igualdade do concello de Ponteareas valorou de xeito moi positivo a campaña «Agresión Off» que promoveu no parque da Feira Vella durante a celebración do «Rock in Rio Tea» esta pasada fin de semana. En colaboración coa organización, a concellaría que dirixe Verónica Carrera, instalou un punto de información no que se realizaron enquisas e se ofreceu información todo o relativo ás agresións sexuais co obxectivo de achegar a mensaxe da importancia de cultivar vínculos de respecto nas relacións.

A Deputación leva a súa campaña para previr agresións sexuais ao festival 'Vive Nigrán'

A Deputación de Pontevedra volverá levar este vindeiro fin de semana a súa campaña de igualdade #LEMBRAEUDECIDOTIRESPECTAS #CONTACOMIGOEURESPÉCTOTE para previr violacións en cita e as agresións por submisión química ao 'Vive Nigrán', un dos sete eventos do verán que conforman os Festivais Rías Baixas e que se desenvolverá os días 19 e 20 deste mes de xullo.

  • Publicado en Nigrán

Ponteareas reafirma o seu compromiso cunha sociedade inclusiva e igualitaria

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, está a colaborar con 'Familias Azuis' no desenvolvemento do programa TEApuntas, iniciativa que durante tres xornadas permitirá que as persoas con autismo desfruten dunha actividade que favorece e mellora as habilidades sociais de forma espontánea.

Carmela Silva pon en valor o relevante papel das mulleres á sustentabilidade do mar

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto á deputada provincial, Isaura Abelairas; á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; a profesora e comisaria da exposición Mari Lires, e as mulleres e homes da Confraría de Redondela, asistiu esta mañá á inauguración da mostra itinerante “Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar” na lonxa de Cesantes, unha iniciativa promovida pola institución provincial en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño.

Os 'III Premios Sofía Novoa' da Deputación enchen de igualdade o Pazo de Gandarón

A música de Bach e Piazzolla, da man do dúo de piano e flauta traveseira do Conservatorio Mayeusis, inundou na tarde de onte o Pazo de Gandarón, en Salcedo, engalanado para acoller o acto de entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz, impulsados pola Deputación de Pontevedra. A sede da Misión Biolóxica de Galicia foi o escenario elixido por primeira vez para galardoar este ano ás seis estudantes da Universidade de Vigo que incluíron a perspectiva de xénero nos seus traballos de fin de grao e de fin de máster.

Deputación e Universidade de Vigo, un paso máis en igualdade coa cátedra 'Feminismo 4.0'

Cun brinde pola igualdade, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, en compañía de colectivos e asociacións de mulleres da provincia, relacionadas coa cultura e a igualdade, deron esta mañá no Pazo de Castrelos, en Vigo, o pistoletazo de saída á cátedra “Feminismos 4.0” da Universidade de Vigo.

Doa Oa reivindica, en Tomiño, un mundo igualitario a través da natureza

A deputada provincial Montse Magallanes, acompañada da alcaldesa Sandra González, asistiu no Campo de Fútbol Municipal do Alivio, en Tomiño, a unha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en acción: Violencia Zero' de loita contra as violencias machistas. A encargada de visibilizala, esta vez ao través da pintura, foi a artista Doa Oa.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS