Mos aproba un Plan contra Incendios cunha relación de fincas a limpar polos propietarios

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Leo Costas, informaron hoxe de que o Concello de Mos ven de aprobar un Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais tras terse adherido ao convenio coa Consellería do Medio Rural, Seaga e a Fegamp. Dito Plan inclúe aproximadamente 15.000 fincas inventariadas que terán que se limpadas polos seus propietarios ou propietarias.

  • Publicado en Mos

A veciñanza das Neves aliviada no pago de impostos para reconstruir despois dos lumes

O Goberno local das Neves lembrou hoxe que as accións, aprobadas no seu día para facerlle fronte ás perdas ocasionadas polos lumes de outubro de 2017, seguen a beneficiar ás veciñas e veciños. Para facilitar que os afectados puidesen rehabilitar as súas propiedades, o Pleno do Concello, a proposta do Goberno local acordou, coma subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “unha redución do 95% no imposto de construcións”.

O PSOE de Ponteareas pide "un plan de reforestación do monte queimado no municipio"

O incendio de onte de Mondariz que fixo lembrar con temos a vaga acontecida hai case que un ano —o 15 de outubro cumprirase un ano da tráxica fin de semana—, vén de espertar as alarmas e de facer que o PSdeG-PSOE de Ponteareas, a través da súa secretaria xeral e portavoz no Concello, Chus Garrote, insté á Xunta "a desenvolver accións de prevención inmediatamente" para evitar unha situación similar á do 2017 e que onte tivo en Mondariz un aviso.

ACiP asegura que o Concello "incumpre a Lei de prevención de incendios forestais"

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, vén de denunciar o estado no que se atopa unha das leiras municipais, chea de maleza e con preto de 120 vivendas próximas, o que supón "un perigo" no caso dun incendio forestal. O portavoz independente asegura que “o concello non segue esa máxima de ser un exemplo para o resto de veciños" xa que, asegura, "debería ser quen abandeirase a loita activa contra os incendios”.

Reunión da Comisión Provincial de Coordinacion Policial de loita contra os incendios forestais

Coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria, é o obxectivo da reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais que esta mañá reuniuse e na que participaron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, amais de responsables da Policía Autonómica e Nacional, Garda Civil, Exército, Servizo de Emerxencias da Xunta, Protección Civil, Subdelegación do Goberno e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural.

Ponteareas traslada aos colectivos o Plan de Defensa contra incendios forestais

A Concellería de Medio Ambiente que dirixe o alcalde Xosé Represas e a concellería de Medio Rural, xestionada por Manolo Troncoso, trasladaron aos colectivos sociais nas últimas semanas o plan de defensa contra os incendios forestais. Este plan, novidoso pola súa amplitude e obxectivos, vai máis alá do formalismo de cumprir a normativa e pretende formar e concienciar á poboación.

Atrifoga denuncia a actitude da Administración en materia de loita contra os incendios

A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (Atrifoga) vén de denunciar o cese de 436 traballadores do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) de contratos de 3 meses aos que se sumarán, o 30 de novembro, 625 fixos-discontínuos de 9 meses, “mentres que empresas como Seaga ou Tragsa están a incorporar persoal para participar nos labores de recuperación das áreas arrasadas polos incendios”.

Entrevista a Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “As Neves vive, aínda, cun evidente dano emocional”

Onte fixo un mes exacto dende que o lume arrasou boa parte da provincia de Pontevedra cebándose con especial saña no sur do territorio. Un mes exacto dende que os veciños e veciñas das Neves miraron transformado un domingo nunha xornada de auténtico terror que ameazou as súas vidas calcinando, a unha velocidade brutal, os montes, as súas vivendas e industrias.

  • Publicado en As Neves
Suscribirse a este canal RSS