Alexa llegó a nuestro mundo

Para muchos de ustedes, a estas alturas, el nombre Alexa seguro que les suena de algo, pero quizás no tuvieran la oportunidad de probarla. Bueno, no sean mal pensados, estamos hablando del nuevo sistema de interacción o automatización, como quieran llamarle de nuestros hogares.

Tomiño é un dos poucos concellos galegos que terán wifi gratis nos espazos públicos

Tomiño é un dos 510 municipios españois que poderá beneficiarse das axudas que concede a Unión Europea para financiar wifi gratis de alta velocidade en espazos públicos. A Comisión Europea anunciou o nome de 3.400 municipios europeos (unha ducia en Galicia) que recibirán 15.000 euros para financiar estas instalacións, dentro do programa “Wifi4EU”, co que a UE quere apoiar a instalación de conexións de alta velocidade en municipios europeos (entre 6.000 e 8.000), cun orzamento de 120 millóns de euros para o período 2018-2020.

  • Publicado en Tomiño

A Guarda abre a inscrición para un curso sobre uso seguro de internet

A Concellería de Educación do Concello da Guarda abre o prazo de inscricións para un Curso sobre o uso seguro de internet e TIC enfocado especialmente a educadores e adultos. O Curso, cunha duración total de 6 horas repartidas ao longo das xornadas do luns 22, mércores 24 e venres 26 de abril, impartirase en horario de 20:00 h a 22:00 h na Aula Cemit no primeiro andar do Centro Cultural da Guarda.

Charlas para pais e nais en Redondela sobre seguridade en internet

O Concello de Redondela desenvolverá, o vindeiro día 14 de marzo, unha charla sobre a seguridade en internet e as redes sociais, dirixida fundamentalmente a nais e pais. A iniciativa responde a crecente demanda social sobre a formación específica de cara a afrontar a problematica que conleva o avance das novas tecnoloxías. 

Baiona leva a fibra óptica ás súas parroquias

Grazas á inclusión no «Plan Banda Longa de Nova Xeración» da Administración Xeral do Estado e do «Plan Banda Longa 2020» da Xunta de Galicia, diversas parroquias do Concello de Baiona poderán comezar a gozar do acceso ultrarrápido e internet. As primeiras en beneficiarse  son, por unha banda, Igrexa, Cancelo, San Antón e Caeiro, e doutra banda Eidos, Fontes, Laxes, Rocamar, Covaterreña, Percibilleira, Medialdea, Urgal, Area, Xuncal, Outeiro, Ponche Novo, Sabarís e Viso de Calvos.

  • Publicado en Baiona

Nigrán colabora coas teleoperadoras para levar a fibra óptica a núcleos con conexión deficitaria

O Concello de Nigrán está a colaborar coas diferentes teleoperadoras na implantación de fibra óptica nas zonas con peor cobertura de internet co obxectivo de que a finais de 2019 sexa unha realidade en todo o municipio. Froito desa colaboración nas pasadas semanas xa foi instalada en Prado e Rúa Torreiro (Priegue), Cabreira e Camiño das Presas (San Pedro) e Barrio do Rial e Paraviñabal (Panxón), polo que os usuarios xa a poden solicitar o servizo se é que non o están a recibir.

  • Publicado en Nigrán

O Porriño pon en marcha a súa nova web como "ferramenta útil á veciñanza"

Dende este sábado pasado, día 10 de xuño, está en funcionamento o novo portal web do Concello, unha páxina que segundo o Executivo local, nace coa clara finalidade de ser unha ferramenta útil para as veciñas e veciños. Entrando en www.oporrino.org as veciñas e veciños do Porriño poden consultar dende o seu ordenador, tableta ou teléfono móbil, toda a información municipal.

A sede electrónica do Concello de Tui, plenamente operativa

O Concello de Tui vén de poñer en coñecemento de todos os veciños e veciñas que a sede electrónica está xa operativa dende hai uns días polo que, os cidadáns, poden realizar distintos trámites coa administración local dende esta plataforma sen ter que desprazarse presencialmente á casa do concello. A sede electrónica está accesible no enderezo http://concellotui.sedelectronica.gal/info.0 ou a través do enlace dispoñible en www.concellotui.org.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS