Con 11 concelleiros, o novo goberno de Tomiño promete un Concello transparente e aberto

O novo equipo de goberno de Tomiño, formado por 11 concelleiros do BNG (Bloque Nacionalista Galego), o que representa o 60% dos votos, prometeu na súa sesión de investidura, celebrada este mediodía nun salón de plenos abarrotado, un Concello aberto, transparente e dialogante, en disposición de mellora constante, atento aos veciños e veciñas, pero tamén coa vista no futuro.

  • Publicado en Tomiño

Xoan Carlos Montes Bugarín, investido alcalde de Mondariz

Por vez primeira en 36 anos Mondariz, elixiu un alcalde dun partido político de signo distinto ao conservador. Xoán Carlos Montes Bugarín, que leva 8 anos na Corporación local, foi elixido rexedor cos votos favorables de AporM (a formación á que pertence), e a abstención do BNG, PSOE, PP e MST, que non presentaron candidato á alcaldía.

Nidia Arévalo continúa en Mos logo de acadar a súa segunda maioría absoluta

Nidia Mª Arévalo Gómez seguirá, durante catro anos máis, como alcaldesa de Mos logo do pleno de investidura desta mañá. A investidura de Arévalo estaba clara dende o mesmo momento en que se pechou o reconto de votos, na mañanciña do día 25 de maio, e obtivera a súa segunda maioría absoluta consecutiva.

  • Publicado en Mos

Jesús Vázquez Almuíña comeza o seu cuarto mandato consecutivo

Jesús Vázquez Almuíña foi investido, na mañá de hoxe, alcalde de Baiona logo de acadar a maioría absoluta nas pasadas eleccións, o que lle permite gobernar os vindeiros catro anos e acadar, desa forma, a súa cuarta lexislatura consecutiva como máximo rexedor municipal.

  • Publicado en Baiona

Sen sorpresas en Redondela: Javier Bas, investido alcalde

Javier Bas foi investido hoxe alcalde de Redondela nun pleno no que in se esperaba sorpresas, nin as houbo. Bas afronta, deste xeito, o seu segundo mandato consecutivo e, ao igual que o fixo na anterior lexislatura, en minoría, o que lle obriga a acadar pactos cos grupos da oposición para sacar adiante os temas que teñan que ir a Pleno da Corporación Municipal.

Suscribirse a este canal RSS