Andrés Benítez resalta o papel das administracións públicas na visibilidade do colectivo LGTBI

Tomiño acolleu este sábado a II Festa Agro LGTBI+, celebración festiva que tivo como escenario o mercado municipal e na que non faltou de nada: concertos, obradoiros, charlas, photocall e manifesto a cargo de Andrés Benítez Oliveira, produtor audiovisual e recoñecido membro do colectivo LGTBI do municipio. O goianés explicou a súa difícil experiencia de ser homosexual no rural durante a súa infancia e adolescencia, opinando que o cambio da sociedade neste sentido e a visibilidade e normalización do colectivo, depende non só da familia e da escola, senón tamén das administracións públicas.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño prepara un amplo programa de actividades para a 'II Festa Agro LGTBI'

Tomiño celebrará, o 29 de xuño no Mercado Municipal, a segunda edición da 'Festa Agro LGTBI', unha iniciativa que con tan só dous anos de vida, conta cun extraordinario éxito de participación e convértese nun exemplo, non só de visibilización do colectivo LGTBI+ no medio rural senón, como sinalan os organizadores, como "unha vía de reivindicación do campo como un lugar de oportunidades”.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño celebra, este sábado, a súa primeira Festa Agro LGTBI

O Concello de Tomiño celebrará este sábado, a primeira «Festa Agro LGTBI» unha iniciativa lúdico-festiva organizada polo Grupo de Voluntariado Local, en colaboración co Concello, que “xorde da necesidade de visibilizar a persoas homosexuais, bisexuais e transexuais no rural”. “Trátase dunha acción que busca ser unha vía de reivindicación de oportunidades; unha iniciativa que procura que Tomiño sexa un espazo de activismo transformador e no que o conxunto da comunidade participe de xeito directo”, explican os organizadores.

  • Publicado en Tomiño

A Guarda tínguese de multicolor

Dende onte mércores a balconada principal do consistorio local da Guarda luce a bandeira arcoiris do Orgullo LGTBI, imaxe deste colectivo, nun acto no que se impulsa a tolerancia e igualdade entre as persoas, sexa cal sexa a súa orientación sexual. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo, Montse Magallanes e a concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente, amosaron o apoio do concello á comunidade LGBTI colocando esta bandeira, na véspera do Día Internacional do Orgullo LGBT que hoxe se celebra.

Inaugurada no Pazo Provincial a exposición 'Sorrisos Transformadores' en apoio ao colectivo LGTBI

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou hoxe o seu orgullo porque o Pazo Provincial se converta unha vez máis nun espazo de visibilización e de loita pola igualdade de todas as persoas grazas á mostra fotográfica “Sorrisos transformadores” en apoio ao colectivo LGTBI, que dende hoxe se pode visitar no hall da sede provincial. “Hoxe este Pazo énchese de dignidade e estas fotos fan que este lugar sexa moito mellor hoxe que os días precedentes”, sinalou Silva.

Apoio de Manifesto Miñor ao colectivo LGTBI

Onte, a concelleira de Manifesto Miñor Rocío Cambra colgou a bandeira arco da vella no balcón da casa do Concello dando cumprimento á moción aprobada no Pleno pleno pasado e na que se solicitaba que esta bandeira, símbolo das reivindicacións dos colectivos LGTBI, estivese colgada nalgún lugar visible para mostrar o compromiso do Concello de Gondomar e do goberno municipal coa diversidade e coa visibilidade da loita LGTBI.

Salceda berra "Polo dereito a ser"

O Concello de Salceda de Caselas berrará ben alto hoxe, día do LGTBI, "Polo dereito a ser", algo que no século XXI tiña que estar máis que superado e que, por desgracia, todos os días atopamos casos, algúns deles escandalosos, de homes, mulleres, nenos e nenas que son ridiculizados, marxinados e mesmo nalgúns países, perseguidos pola súa orientación sexual.

Suscribirse a este canal RSS