Luis Valle, "Trona, o merlo"

O haiku, como sabemos, é un poema moi breve, orixinario do Xapón, de tres versos, cunha estrutura fixa, cun contido predeterminado que ten que ver coas estacións do ano, que contrapón ideas diferentes, que desborda impacto e sensibilidade...

O Mestre Rogelio Groba presentou o seu libro "Mi obra musical comentada"

O Salón de Plenos da Casa do Concello de Ponteareas acolleu, no serán de onte venres, a presentación do libro do compositor ponteareán Rogelio Groba Groba, titulado “Mi obra musical comentada”, no que se recolle toda a súa produción musical con breves apuntes sobre cada unha das súas composicións realizados polo propio autor.

"Cabalos e lobos" de Fran P. Lorenzo

“Cabalos e lobos” é a primeira novela do xornalista Fran P. Lorenzo e abofé que é unha excelente entrada no mundo da narrativa. Trátase dunha historia ambiciosa, con múltiples lecturas, con momentos memorables, cunha presa de personaxes ben formados que percorren as súas páxinas vertendo as súas ansias e as súas miserias, e todo envolto nun marco de fondo que adquire un rol protagonista ao longo do relato: a cidade de Vigo e, nomeadamente, a presencia do edificio de Gran Vía nº 2 como estandarte da trama. Non é en van que a novela veña avalada polo Premio Blanco Amor do ano pasado.

Antonio García Teijeiro, "Detrás del horizonte"

Que as guerras son unha tolemia xa é sabido, pero cando nolo conta Antonio García Teijeiro, coa súa mistura entre o relato e a poesía, con esa sensibilidade que sabe imprimir a determinadas narracións, con esa crueza que acompaña a outras, e con ese xeito tan particular de levarnos á reflexión sobre as capacidades e os límites do ser humano, a lectura convértese nun goce.

Presentación en Redondela do libro “Cartas de un condenado a muerte”

O multiúsos da Xunqueira acollerá o xoves 11 de xuño, ás 21.00 h, a presentación do libro “Cartas de un condenado a muerte” (Alvarellos Editora), de José Mejuto Bernárdez. A recompilación destas cartas convértese nun testemuño único e conmovedor da guerra civil española e dos últimos días en prisión, en 1936 e 1937, do republicano galego José Mejuto Bernárdez (1905-1937), nos cárceres de Vigo, San Simón e Pontevedra.

“Lapsus”, de Alfonso Pexegueiro

Alfonso Pexegueiro tennos acostumados ás súas brincadeiras literarias no que se refire a xéneros e estilos, pero “Lapsus” ben podería representar un punto de inflexión na súa dilatada traxectoria. Preséntasenos como unha obra de teatro, pero non teño de todo claro que non se trate dun longo poema dialogado aproveitando as estruturas da esencia dramática para adentrarse no máis profundo da nosa alma.

"O meu pesadelo favorito", de María Solar

Querer presentar a estas alturas da vida a María Solar é unha pretensión absurda por ser sobradamente coñecida, tanto na súa faciana de comunicadora como de escritora, que vén sendo o mesmo. O seu último traballo polo de agora é unha pequena alfaia titulada “O meu pesadelo favorito”, galardoada o pasado ano co Premio Lazarillo de Literatura Infantil e Xuvenil, que xa leva un tempo entre nós na súa lingua orixinal e que acaba de ser traducida ao castelán.

Suscribirse a este canal RSS