Esquerda Unida presenta en Ponteareas unha candidatura "integradora e comprometida"

A candidatura de EU, encabezada por Lino Costas e Patricia Pardo, está formada tanto por persoas militantes da organización coma por persoas procedentes dos movementos sociais do concello, recuperando deste xeito a idea orixinal de EU como movemento político social máis que como un partido tradicional. Esta candidatura agradece o "tremendo apoio" mostrado nas eleccións xerais, onde se posicionaron como terceira forza en todo o municipio, e segunda forza na vila.

Lino Costas e Patricia Pardo, cabezas de lista na candidatura de EU Ponteareas

Esquerda Unida de Ponteareas ven de celebrar no día de onte a súa Asemblea de Afiliadas na que se ratificaron os primeiros postos na candidatura para as Eleccións Municipais 2019. Así, como cabezas de lista xa elixidas no proceso de primarias celebrado en xuño de 2018, confirmáronse Lino Costas e Patricia Pardo no primeiro e segundo posto respectivamente. No posto número tres, a asemblea elixiu a Manoel Ucha e seguidamente a Eva Quesada, quedando cubertos os catro primeiros postos.

EU Ponteareas "convidada a marcharse" dunha xuntanza sobre os Orzamentos Xerais do Estado

EU Ponteareas cualificou de "antidemocrático" o acontecido o pasado venres 18 de xaneiro, unha xuntanza no salón de plenos do concello entre os grupos da Corporación Municipal de Ponteareas e a Plataforma de afectados da N120 para tratar o asunto dos Orzamentos do Estado para 2019 onde o concelleiro de EU, Lino Costas, foi 'convidado' a marcharse ao "non compartir o posicionamento dos outros grupos da Corporación Municipal, PP, PSOE, ACiP, BNG e ARDT con respecto á variante de Ponteareas".

Esquerda Unida non apoiará a moción sobre a Variante de Ponteareas

O vindeiro martes 8 de xaneirom celebraráse un Pleno Extraordinario da Corporación Municipal de Ponteareas onde se debaterá unha moción conxunta do BNG, PSOE, A Riada do Tea, PP e ACiP na que se reclama ao Ministerio de Fomento a redacción dun novo convenio entre este, a Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas. Esquerda Unida sinala que para eles "nunca foi unha prioridade a construción desta variante. Todo o contrario", aseguran.

EU Ponteareas pide que se retire a competencia de servizos sociais ao concelleiro responsable

A denuncia de Esquerda Unida de Ponteareas de presuntas "irregularidades" no Centro de Reparto de Alimentos, xestionado pola Concellería de Servizos Sociais, no que, segundo EU, se lle facía asinar ás persoas usuarias un documento no que se comprometían a “non utilizar os servizos de calquera outra entidade pública ou privada” polo mesmo servizo", foi negado hoxe polo concelleiro de Servizos Sociais, Manolo Troncoso que achacou dita comunicación "a un erro administrativo".

EU Ponteareas denuncia "incumprimentos" na xestión do Complexo Deportivo Álvaro Pino

Esquerda Unida Ponteareas vén de rexistrar unha moción no Concello na que insta ao alcalde a realizar "un informe técnico sobre a xestión do Complexo Deportivo Álvaro Pino" ao considerar que a empresa concesionaria "pode non estar cumprindo con todas as obrigas contempladas nor pregos". Explica Esquerda Unida que, en ditos pregos, o Concello faise cardo do 25% dos custes de enerxía eléctrica, recibos de auga e lixo, mentres que a concesionaria ten que facerse cargo da limpeza, reforma menores e un investimento mínimo, no primeiro ano, de 185.000 euros.

Eva Solla e Paloma López, visitan a zona da vertedura de Lindano en Ponteareas

A Coordinadora Nacional de EU e deputada no Parlamento de Galicia por En Marea, Eva Solla e a deputada por IU no Parlamento Europeo, Paloma López, visitaron o pasado venres 23 de marzo, a canteira de Parada en Xinzo, onde se produciron as verteduras de terras con lindano procedentes das obras de saneamento de O Contrasto no Porriño. Na visita estiveron acompañadas por Lino Costas e Pedro Ocampo, concelleiros de EU-son en Ponteareas e O Porriño respectivamente.

Suscribirse a este canal RSS