Tui e Confederación Hidrográfica mateñen o compromiso da ponte peonil sobre o Louro

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse na mañá de hoxe en Ourense co presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga Díaz, para abordar a recuperación do convenio entre ambas institucións para construír unha ponte peonil sobre o río Louro. Tras o encontro desta mañá o alcalde comprometeuse a pór de inmediato en marcha o proxecto expropiatorio dos terreos afectados pola construción desta ponte, un trámite que o rexedor agarda poder completar antes de finais de ano.

  • Publicado en Tui

O PP porriñés propón unha senda peonil e carril bici na contorna do Louro

O candidato á Alcaldía do Porriño polo Partido Popular, Alejandro Lorenzo, ven de facer público un dos proxectos incluidos no seu compromiso cos porriñeses de cara os vindeiros catro anos, o acondicionamento e construción dunha senda peonil e un carril bici ao carón do Paseo do Louro. Arroupado por varios membros da súa candidatura, Lorenzo amosou aos medios o proxecto técnico e económico finalizado que se compromete a implementar para devolver a vida a este espazo.

O Porriño rematará, esta semana, a limpeza da contorna do Louro

Os traballos de limpeza da contorna do río Louro, ao seu paso polo Porriño, van a bo ritmo. Ao tempo que se remata o adecentamento do paseo e das beiras, a alcaldesa, Eva García de la Torre, presentará o vindeiro martes día 24, ao presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, a memoria pormenorizada das zonas do río, a seu paso polo concello, nas que é necesario acometer obras de emerxencia para a reparación do seu canle e pasos peonís.

Primero sanear, después embellecer

Echándole el obligado ojeo diario a comarcasnarede.es, leo con suma incredulidad que habilitan más de medio millón de euros para mejorar el paseo del río Louro. Inmediatamente me viene a la mente una pregunta: ¿Qué necesita el Louro más urgentemente, que lo limpien o que lo adecenten?

A piques de rematar as obras de mellora do paseo do Louro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros mosenses Alberto Méndez e Camilo Augusto, visitaron hoxe os traballos de mellora do paseo do río Louro que se atopan prácticamente rematados e cuxa finalización se producirá ó longo do presente mes. Os representantes municipais visitaron e supervisaron esta mañá a boa marcha das obras de ordenación do cauce e marxes do Río Louro ó seu paso por Mos.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS