Presentado en Mondariz Balneario o XI Ciclo de Música Clásica de Barcia de Mera

O director xeral de Polítcas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe no acto de presentación do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, que este ano celebra a súa undécima edición. Trátase dun amplo programa de música clásica que se desenvolverá ata o mes de setembro na igrexa barroca da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera, no concello de Covelo. A xa tradicional cita cultural atrae cada ano a máis público para gozar da música clásica nunha contorna que non é a habitual para este tipo de espectáculos.

  • Publicado en Covelo

A V edición do Festival Groba achegará a música clásica a tódolos públicos

O Concello de Ponteareas acolleu  a presentación da V edición do Festival Groba que terá lugar dende o día 11 ao 18 de agosto de 2017. O Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o Deputado Provincial de Cultura, Xosé Leal e o propio compositor, Rogelio Groba, quixeron arroupar e apoiar hoxe á Orquesta de Cámara Galega, organizadora do Festival Groba, e ao Concello de Ponteareas como anfitrión e colaborador deste importante certame musical.

Barciademera, onde a música relixiosa ten nome propio

A igrexa barroca de San Martiño de Barciademera, no Covelo, acollerá un ano máis o seu ciclo de música relixiosa converténdose, dese xeito, no lugar de encontro das máis recoñecidos artistas e agrupacións neste tipo de música e a cita obrigada para todos os amantes da boa música. Dende hai anos, falar de Música Relixiosa é falar de Barciademera.

  • Publicado en Covelo

Clausura do ciclo "Pórtico Sonoro"

A igrexa de Santa María de Reboreda acolleu o sábado 28 de marzo o último dos concertos do ciclo de música Pórtico Sonoro que, desta volta, correu a cargo do Coro de Cámara Rías Baixas e Orquestra, que interpretaron o Réquiem en Do menor de Luigi Cherubini (1760-1842). Esta composición foi estreada en 1817 na conmemoración da execución de Luis XVI.

Suscribirse a este canal RSS