Manifesto Miñor–En Marea presenta a súa candidatura ás Municipais no Concello de Baiona

Manifesto Miñor–En Marea Baiona vén de presentar a candidatura con que a formación concorrerá ás Municipais do mes de maio no Concello de Baiona, una lista, sinala a formación asamblearia, "formada por persoas do común e comprometidas cun cambio no noso concello". Son, afirma Manifesto Miñor "un grupo de mulleres e homes convencidxs da necesidade dunha alternativa para transformar Baiona nun Concello para á veciñanza".

  • Publicado en Baiona

Manifesto Miñor esixe ao alcalde de Baiona a suspensión da conferencia de Sánchez Dragó

O Concello de Baiona vén de facer público o cartel de conferenciantes que participarán no VII Ciclo de Conferencias con motivo da Festa da Arribada 2019. A presenza en dito cartel de Fernando Sánchez Dragón foi duramente criticada por diversos colectivos, partidos e asociacións. Manifesto Miñor, nunha nota de prensa, chama a atención sobre a presenza dun personaxe "que ten feito declaracións machistas, LGTBIfobas e xenófobas e contrarias aos valores democráticos".

  • Publicado en Baiona

Manifesto Miñor lamenta que Ferreira "torpedease" o traballo do concelleiro de Urbanismo

O urbanismo en Gondomar está como o tempo: ardendo. O alcalde, o socialista paco Ferreira, sinalaba nestes días na prensa escrita que "haberá un cambio na área de Urbanismo" para evitar "máis atrasos" se ben evitaba entrar na profundidade deses cambios. As declaracións foron cualificadas por Manifesto Miñor (MM), socios de Goberno do PSOE, como "desafortunadas" e aseguraba que eran "froito do nerviosismo político que lle produce a proximidade electoral".

Manifesto Miñor respalda a xestión de Araúxo na Praza de Abastos

Manifesto Miñor fixo público un comunicado  no que respalda "o traballo rigoroso" do concelleiro de Comercio de Gondomar, Xose Antón Araúxo, e reiteran "a nosa  confianza no seu traballo e no proceso de licitación de postos da Praza de Abastos aberto e transparente". Este comunicado é unha resposta ó que difundiu o mércores o partido socialista responsabilizando ó e edil de Manifesto da perda dunha subvención da Xunta destinada á mellora do mercado municipal.

Manifesto Miñor desmárcase do bipartito na xestión da Biblioteca de Gondomar

Manifesto Miñor (M.M) ven de amosar o seu  apoio a Espazo Lectura e de facer un recoñecemento expreso da súa actividade a prol do fomento da lectura e da cultura do libro nun comunicado feito público hoxe no que amosan discrepancias cos seus socios no goberno bipartido do Concello de Gondomar. No comunicado desmáncanse da xestión dos seus socios respecto á biblioteca.

Manifesto Miñor organiza a proxección do documental 'Amarrar as palabras'

O Manifesto Miñor oganiza a proxección do documental Amarrar as palabras, de Miguel A. Romero e Francisco Ferreira, sobre o proceso de confluencia cara a configuración dunha candidatura de unidade en Galicia para as pasadas eleccións xerais do 20 de decembro. A proxección será o próximo venres, 8 de xullo, ás 20:30 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Apoio de Manifesto Miñor ao colectivo LGTBI

Onte, a concelleira de Manifesto Miñor Rocío Cambra colgou a bandeira arco da vella no balcón da casa do Concello dando cumprimento á moción aprobada no Pleno pleno pasado e na que se solicitaba que esta bandeira, símbolo das reivindicacións dos colectivos LGTBI, estivese colgada nalgún lugar visible para mostrar o compromiso do Concello de Gondomar e do goberno municipal coa diversidade e coa visibilidade da loita LGTBI.

Manifesto Miñor organiza unha palestra pública sobre o TTIP

 Manifesto Miñor vén de organizar unha 'Palestra pública sobre o TTIP' (Transatlantic Trade and Investment Partnership -en galego, Asociación Transatlántica para o Comercio e a Inversión). A palestra terá lugar o xoves 9 de xuño, ás 20:00 horas, no local da Asociación de Veciños A Unión de San Pedro, no antigo convento dos Padres Franciscanos en Vilariño.

Suscribirse a este canal RSS