Montse Pena Presas, «A voz insurrecta»

Agora que se aproxima o mes de maio, e con el o día grande das nosas letras, adicado nesta ocasión a María Victoria Moreno, non estaría de máis achegármonos á figura desta muller nada en Estremadura pero que amosou unha forte vinculación coa defensa da lingua galega, e mergullarnos no seu legado. Con tal motivo, as revisións e reedicións da súa obra son constantes, pero se queremos ter unha visión xeral de tan senlleiro personaxe, convén adentrármonos na súa vida da man da investigadora e crítica literaria Montse Pena Presas, que nesta ocasión debulla para nós algunhas das facianas máis interesantes da escritora.

Manuel Darriba, «Elefante»

Outravolta, Manuel Darriba presenta un traballo peculiar que responde á súa particular visión do mundo narrativo, que é tanto como dicir do mundo en xeral. E faino a través dunha presa de contos que non deixarán a ninguén indiferente. Haberá quen os odie e haberá quen os ame con paixón, pero non creo que moitos lectores sexan capaces de saír deste libro igual que entraron nel, pois reflicte unha rara habilidade para remoer conciencias.

Rosalía Fernández Rial, «Bonus track»

Unha vez máis, temos diante nosa unha poeta que se interna no mundo da narrativa e abofé que o fai con soltura e decisión. Xa con anterioridade Rosalía Fernández Rial tiña colaborado nalgúns libros colectivos de relatos, pero esta é a súa primeira aventura en solitario e cun proxecto propio e de certo calado; e para a viaxe elixiu o relato breve como medio de transporte.

Ismael Ramos, «Lumes»

Os límites entre xéneros sempre foron un terreo difuso no que non se sabe moi ben onde remata un e comeza o outro. Nas últimas décadas, as fronteiras entre prosa e poesía foron perdendo a rixidez de outrora para ofrecer ao autor unha maior liberdade de movementos sen os corsés da métrica, a rima ou o ritmo.

Xabier P. Docampo, «A nena do abrigo de astracán»

Poucas veces asistimos á lectura dun relato no que o narrador e principal protagonista sexa unha vila. Unha vila imaxinaria que Xabier Docampo bautiza como Ribadaínsua, que se erixe en coñecedora e transmisora de todos os aconteceres que se desenvolven no seu seo, adquirindo desta maneira unha dimensión moi especial que a convirte no principal personaxe de «A nena do abrigo de astracán».

Manrique Fernández presenta o seu «Hermes, aprendiz de mago» na Sala Ingrávida do Porriño

O vindeiro sábado, día 3 de marzo, a Sala Ingrávida do Porriño vai ser escenario da presentación da obra de teatro infantil «Hermes, aprendiz de mago», da que é autor o xornalista Manrique Fernández. A presentación do libro, que comezará ás 19:00 horas, contará coa asistencia, amais do autor, do director xeral de Galaxia, Francisco Castro, e estará precedida pola representación dun fragmento da obra a cargo dos alumnos do Curso de Teatro organizado pola propia sala, dirixidos polo profesor Álex Sobrino.

A. Neira Cruz, «O sono das sereas»

«O sono das sereas» chega a nós logo de resultar vencedora do Premio Repsol de novela curta do pasado ano. Unha historia de medo e superstición, de segredos agochados durante séculos e de comuñón entre mundos distantes e contrapostos: o ceo e o inferno, o coñecemento e a ignorancia, a fe e o agnosticismo, a ciencia e o fanatismo...

Suscribirse a este canal RSS