Manuel Seixas, 'Interferencias'

Se alguén me pedise que pintase a nova novela de Manuel Seixas, “Interferencias”, necesariamente debería comezar por empregar tonalidades escuras, grises, moi opacas e turbias. Aos poucos, esas tonalidades escuras irían virando cara a cores algo máis ledas, pero aínda apagadas: pardas e terreñas, sen moita viveza. Sen rupturas pero de maneira case abrupta, desembocaría nunha festa de cores, nun arco da vella de ledicia e felicidade.

Farruco Graña, "O soño de Xoán"

Dicir que “O soño de Xoán” é unha novela histórica pode ser que non se corresponda exactamente coa realidade, pois diso falamos: de realidade. Nesta historia mistúrase con mestría a realidade documentada, sobre a que o autor ten traballado arreo (iso nótase ben ao ler a novela), e a fantasía que Farruco Graña, carballés de orixe, quixo espallar sobre a súa vila de adopción: Ribadeo.

Dous poemarios

A colección “Libros do Sarela”, da editorial Alvarellos, vén de sacar do prelo os dous volumes de poesía premiados na XL Edición do certame máis antigo de toda Galicia, o do Concello de Vilalba: “Abrindo fiestras en carne viva”, do ferrolán Carlos López, e “Cinza de estrelas”, da luguesa María Isabel Vázquez, gañadores do primeiro e segundo premio respectivamente.

María Reimóndez, "A música dos seres vivos"

Manimekalai é unha moza támil que, logo de vivir a súa primeira infancia na aldea natal ao amparo da súa avoa, vese na obriga de marchar a Escocia; tan lonxe de todo o coñecido, que esta nova situación non provoca senón unha profunda falla de enraizamento.

Luis Valle, "Trona, o merlo"

O haiku, como sabemos, é un poema moi breve, orixinario do Xapón, de tres versos, cunha estrutura fixa, cun contido predeterminado que ten que ver coas estacións do ano, que contrapón ideas diferentes, que desborda impacto e sensibilidade...

Ledicia Costas, "Un animal chamado néboa"

Logo do éxito indiscutible de “Escarlatina, a cociñeira defunta”, un libro para nenos, Ledicia Costas cambia o seu rexistro completamente para adentrarse na escrita para adultos e presentarnos “Un animal chamado néboa”. Trátase dun traballo que recolle media ducia de relatos que, de primeiras, teñen un elemento común: estaren ambientados na Segunda Guerra Mundial. É o nexo de unión máis evidente, pero existen outros, como o retrato da barbarie humana ao que asistimos en cada un deles.

Suscribirse a este canal RSS