A Aula UNED de Tui amplía a matrícula ata o 8 de novembro

A UNED, comprometida coa súa tarefa de universalizar a Educación Superior e facilitar aos seus alumnos a planificación e xestión dos seus estudos, vén de anunciar a prórroga do prazo de matrícula ata o próximo 8 de novembro, decisión que se suma ás adoptadas anteriormente na mesma dirección, tales como a apertura da matriculación no mes de xullo no canto de en setembro e a posibilidade de ampliar a matrícula en febreiro (do 1 de febreiro ao 8 de marzo de 2017).

  • Publicado en Tui

Apertura de matrícula na Escola Municipal de Música do Porriño

A Escola Municipal de Música do Porriño inicia a apertura do prazo de matrícula para o Curso 2016-2017, entre o 20 e o 23 de setembro, en horario de 4 a 8 da tarde.
O martes 20, mércores 21 e xoves 22, estará aberta a matrícula para antigos alumnos con prescrición, e dacordo á orde da data de entrega da documentación; o venres, 23, en horario de 16 a 18:30 h. será a quenda para os solicitantes novos con prescrición e o mesmo día, pero de 18:30 a 19:30 para solicitantes con e sen prescrición, por orde de chegada e dependendo de que aínda haxa vacantes.

Aberta a matrícula na Agrupación Musical de Goián

A escola de música da Agrupación Musical de Goián vén de abrir o prazo para inscribirse no curso académico 2016/2017. As clases desenvolveranse no Auditorio de Goián recentemente reformado co fin de adaptar as instalacións para escola de música, coa creación de varias aulas e reestruturación de espazos específicos.

  • Publicado en Tomiño

A Escola de Cantería mantén aberto o prazo de matrícula ata o 20 de setembro

A Escola de Cantería, dependente da Deputación de Pontevedra, mantén aberto ata o día 20 de setembro o prazo para a matrícula do vindeiro curso 2016-2017, que comezará as clases en outubro. O importe da matrícula é de 114,50 € e para formalizar a matrícula só hai que presentar o impreso oficial, acompañado dunha serie de documentación, na Secretaría da Escola ou no Rexistro Xeral da Deputación. Toda a información, así como os documentos necesarios para a matrícula, pode consultarse na páxina web www.canteiros.depo.es.

A Escola de Cantería da Deputación amplia o prazo de matrícula

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, centro de formación especializado na arte do traballo da pedra, amplía ata o 7 de xaneiro o prazo de matrícula de novo alumnado en calquera das especialidades impartidas no centro: cantería, mestre ou mestra de cantería e cursos de formación específica.

Suscribirse a este canal RSS